Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2025 | Actualizada ás 17:28
A Garda Civil de Cambados investiga a tres persoas como presuntos autores dun roubo con forza ao acceder ás instalacións do campo de fútbol e subtraer varios obxectos.
Segundo informou o Instituto Armado, son tres veciños de Meis, Ribadumia e Vilagarcía de Arousa de idades comprendidas entre os 40 e 51 anos, e todos teñen antecedentes policiais.
Así, no anexo dunha vivenda en Meis os axentes interviñeron diversos efectos, pendentes de determinar a súa procedencia, pero sospeitan que procedan doutros roubos.
Os axentes recomenda aos cidadáns que, nos últimos meses, denunciasen algún roubo pasen polo cuartel de Cambados, de luns a venres en horario de 08.00 a 14.00 horas, para identificar os efectos recuperados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.