Galicia podería satisfacer 30 veces a demanda enerxética ata 2050 con fontes renovables, segundo Greenpeace

A organización ecoloxista alerta de que o cambio climático pode ser "especialmente perigoso" aquí.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2019 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

Galicia conta cos recursos naturais para satisfacer 30 veces con fontes renovables a súa demanda enerxética proxectada ata o ano 2050, segundo os datos dun informe de Greenpeace presentado este luns en Vilagarcía de Arousa a bordo do 'Rainbow Warrior', que foi visitado no últimos cinco días por 5.000 persoas durante a súa escala na Comunidade galega.

Rolda de prensa a bordo do Rainbow Warrior de Greenpeace en Vilagarcía de Arousa. GREENPEACE
Rolda de prensa a bordo do Rainbow Warrior de Greenpeace en Vilagarcía de Arousa. GREENPEACE | Fonte: Europa Press

Greenpeace alertou dos efectos "especialmente perigosos" que pode traer a Galicia o cambio climático, xa que afectará "significativamente" sobre a temperatura --en xeral e na superficie da auga-- ou a suba do nivel do mar, ademais de reducir a produtividade do sector pesqueiro.

A organización ecoloxista organizou este luns unha conferencia de prensa a bordo do 'Rainbow Warrior', que se despide de terras galegas tras cinco días atracado no porto de Vilagarcía de Arousa no marco da súa campaña 'Cambia a enerxía, non o clima', coa que pretenden concienciar sobre o cambio climático e a necesidade de reformular o sistema enerxético.

Así, alertan de que, en Galicia, un terzo da emisión de gases de efecto invernadoiro proceden das centrais de Meirama e As Pontes. A primeira, xestionada por Naturgy, pechará en 2020, mentres que a segunda, de Endesa, funcionará polo menos ata 2045.

Greenpeace reclama á Xunta que se implique na aposta polas enerxías renovables para converter a Galicia en "protagonista activo" da transición enerxética, xa que "é un país tremendamente privilexiado en recursos naturais" e unha territorio "cun arraigamento moi forte da colectividade cidadá".

Greenpeace criticou a negativa de Endesa a pór data ao peche da planta das Pontes, "o maior foco de emisión de CO2 de toda España". En relación a isto, a organización puxo o foco en que o pasado mes de abril se bateu a "marca" de emisións de CO2 no planeta, pois se alcanzou un nivel de 415 partes por millón, unha cifra que "non se alcanzaba desde hai tres millóns de anos, é dicir, antes de que o ser humano habitase a Terra", asegura a ONG.

ESIXEN MEDIDAS URXENTES

A rolda de prensa tivo lugar a bordo do 'Rainbow Warrior' e nela participaron xunto ao capitán do navío, Pep Barbal, e a responsable da campaña, María Prado; o meteorólogo en TVE Martín Barreiro, a portavoz de Fridays For Future Galicia, Silvia Mete; a coordinadora de Teachers For Future, Miriam Leirós; e a asesora de democratización da enerxía de Greenpeace, Sara Pizzinato.

"A emerxencia climática necesita unha resposta contundente e á altura do reto que enfrontamos. Non podemos deixar a resposta ao cambio climático en mans dos mesmos que causaron o problema. É a hora da democratización da enerxía para que a cidadanía participe en acelerar a transición enerxética." afirmou María Prado, que reclama ás administracións que se impliquen na elaboración dun marco lexislativo máis favorable ao autoconsumo na liña da nova directiva europea de enerxías renovables.

Pola súa banda, o físico Martín Barreiro asegurou que "cada día" se producen fenómenos meteorolóxicos "máis frecuentes, máis adversos e máis amplos" que falan de que se está dando "unha situación moi crítica" a nivel atmosférico en todo o planeta.

Como mostra diso, puxo de exemplo a marca de máxima temperatura alcanzado nos últimos días en París e que é superior á marca de Madrid, a pesar de tratarse de diferenza de latitude entre a capital francesa e a española, o que demostra o "caos atmosférico" que se vive na actualidade como consecuencia do cambio climático.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta