Renfe cancela 24 trens en Galicia pola folga deste mércores

CXT ve "abusivos" os servizos mínimos decretados e estuda demandar a Renfe por vulneración do dereito de folga.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2019 | Actualizada ás 09:40

Comparte esta noticia

A folga convocada o vindeiro mércores en todo o Estado nos servizos de Renfe polo sindicato Confederación Xeral do Traballo causou a cancelación de 24 trens --seis de longa distancia e 18 de media distancia-- que transcorren por Galicia, entre eles, a conexión nocturna en tren-hotel con Madrid.

Diso informa o sindicato convocante a través dun comunicado no que cualifican de "abusivos" os servizos mínimos decretados e avanzan que estudan a posibilidade de presentar unha demanda contra Renfe por vulneración do dereito de folga.

Así, un total de 24 trens foi cancelados en Galicia pola folga, que se desenvolverá en dúas quendas --de 12,00 a 16,00 horas e de 20,00 a 24,00 horas-- o mércores 31 de xullo, coincidindo coa saída e chegada das vacacións de verán.

Entre as liñas que foron canceladas figura a conexión en tren-hotel entre Galicia e Madrid, ademais da liña que une Vigo e a cidade portuguesa do Porto.

Así mesmo, Renfe decretou a suspensión dunha decena de liñas do Eixo Atlántico (entre A Coruña e Vigo) ao longo do 31 de xullo. Tampouco estarán en funcionamento as conexións entre Ferrol e A Coruña e Lugo e Ourense previstas para o mediodía do mércores.

Ademais, a folga tamén afectará a dous servizo do xoves 1 de agosto, en concreto, ao tren Monforte-Pontevedra programado para as 06,15 horas e o A Coruña-Ferrol das 08,57 horas.

Tren de RENFE - Arquivo
Tren de RENFE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta