Noriega acusa a Bugallo de pactar co PP "por convicción" e de "non contactar" con Compostela Aberta

Cre que o alcalde "lle quere facer a competencia" Abel Caballero coas luces de Nadal no canto de priorizar políticas para a cidadanía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2019 | Actualizada ás 15:10

Comparte esta noticia

O portavoz de Compostela Aberta, Martiño Noriega, acusou oi alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, de "compartir conviccións políticas" co PP ao elixilo como "socio" para "pactar" os orzamentos técnicos do concello. Ademais, Noriega criticou que os socialistas non contactasen con Compostela Aberta para actuar como a "chave" que garanta a "gobernabilidade" neste sentido, sobre todo cando a formación "sempre tendeu a man" a "facilitar" a xerencia desde "unha perspectiva progresista".

Martiño Noriega
Martiño Noriega | Fonte: Europa Press

O portavoz do anterior goberno aseverou que é "canto menos sorprendente e anacrónico" que na capital de Galicia o PSOE teña como "socio" o PP "non por descarte, senón por convicción".

Noriega destacou que este feito é "paradoxal" porque se produciu a un ano de que se celebren as eleccións autonómicas, ás que os socialistas galegos se presentarán como unha "alternativa" ao actual Goberno da Xunta de Alberto Núñez Feijóo.

Neste sentido, o líder de Compostela Aberta cre esta actitude "distorsiona" o movemento político actual, pero que a "boa sintonía" entre PP e PSOE está pactada previamente e conta o "beneplácito de Feijóo", aínda que non co das "altas instancias" dos socialistas.

DIMINUCIÓN DO ORZAMENTO

Por outra banda, Noriega reprochou á nova alcaldía que diminuíse as partidas orzamentarias destinadas a emprego e políticas sociais, en aras de aumentar o investimento no departamento de Festas.

Igualmente, existen "cuestións de carácter urxente" que se están deixando de lado "sen explicación", por exemplo a actuación sobre os muros de Fontiñas, que son un "problema de seguridade cidadá".

O portavoz de Compostela Aberta aludiu tamén á "obsesión por eliminar" as propostas dos veciños dos orzamentos participativos, dado que "moitos desaparecen e outros ven reducido o seu crédito", para financiar as festas.

Desta maneira, considerou que "Bugallo quere facerlle a competencia ao alcalde de Vigo, Abel Caballero", coas luces de Nadal no canto de darlle importancia ás políticas que afectan á cidadanía.

ESPECTÁCULO DOS LUMES DO APÓSTOLO

Martiño Noriega tamén anunciou que a súa formación rexistrou unha pregunta ao goberno local sobre o espectáculo dos lumes do Apóstolo, xa que nos vídeos reproducidos aparecía a ex-valedora do Pobo, Milagros Otero, no apartado no que se lle rendía homenaxe ás mulleres galegas.

O concelleiro lamentou que "Otero fose posta ao mesmo nivel de mulleres como Rosalía de Castro", xusto despois de que se fixo oficial a súa dimisión pola sentenza do TSXG, na que se lle acusa de "desvío de poder" na contratación da sobriña de Manuel Fraga.

Respecto diso, Compostela Aberta manifestou que quere saber se o goberno de Bugallo "adoptou algunha medida para eliminar" a imaxe de Milagros Otero despois de que se coñecese a súa aparición no ensaio previo a noite do 24 de xullo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Antighorrechas

No es de extrañar el golpe de realidad que se ha llevado CA en estas elecciones. El tema de los muros de Fontiñas es sangrante. Más de año y medio (va para dos) que llevan apuntalados esos muros. ¿Y le echan la culpa ahora a Bugallo? CA salió en los medios asegurando que llevaban los operarios haciendo ¡¡¡controles visuales!!! durante un año ¿qué esperaban? ¿a ver si caía o no?, también dijeron que los operarios ya estaban dejando allí material para arreglarlo. Mentira. El material era para hacer la pasarela del colegio. Hablaron también de un estudio que duraría un mes, y que nadie sabe nada de él ahora. Mentira tras mentira. No valen ni como oposición.

1 Que calvo está sen pucha

Agora vai e preocupase pola cidade o que deixaba sen investir case todo menos o de publicidade si home si que xa non cuela home