Galicia, en contra do cumio da extrema dereita que se celebrará en Lisboa o 10 de agosto

Tamén se suman á manifestación en contra organizacións de Suiza, Francia, Bulgaria, Inglaterra, Canadá e Brasil.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 01/08/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A realización, o próximo día 10 de agosto, en Lisboa, dun cumio de organizacións de extrema dereita de Europa motivou a convocatoria dunha manifestación de protesta para o mesmo día convocada por entidades de esquerda de Portugal e na que haberá presenza de organizacións doutros países, entre eles, Galicia.

O grupo neonazi Hogar Social Madrid.
O grupo neonazi Hogar Social Madrid.

Nun país que viviu un réxime ditatorial e que conta na Constitución co artigo 46 que explicita a prohibición de organizacións racistas, as que fagan apoloxía da ideoloxía fascista ou que promoven a violencia, é difícil entender que este tipo de eventos poida acontecer”, subliña o manifesto dado a coñecer este martes.

Os organizadores da protesta esixen tamén aos partidos políticos que se posicionen e expliquen “as medidas que pretenden tomar para que este tipo de acontecemento non se poida realizar”. “A presenza e actuación de grupos terroristas e neonazis como Blood and Honour, Hammerskin ou a Nova Orde Social xa foi alertado pola Europol e o SIS”, recolle o manifesto. “Non podemos, nin aceptaremos a normalización deste discurso de odio e dos ataques dos cales estes grupos son autores”, engade.

Este chamamento á mobilización dos cidadáns, partidos, sindicatos e organizacións é subscrito, entre outros, polo Movemento Alternativa socialista, SOS Racismo, STOP Desahucios. Tamén tivo a adhesión de organizacións de Suiza, Francia, Bulgaria, Galicia, Inglaterra, Canadá e Brasil.

A formación nazi Amanecer Dorado
A formación nazi Amanecer Dorado
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Rosa Lux

É incríbel (e intolerábel) a vaga fascista que está a rexurdir en Europa con cada vez máis forza e impunidade. O nivel de ultradereitismo é abafante e asolágao todo (vexan moitos dos comentarios nas novas de GC). Ou paramos a estes intolerantes agora ou pronto o neofascismo será como a velutina, imparable e catastrófico. Non pasarán. Galiza antifeixista.

2 Violeta 4

Eso no preocupa a nadie. Confundir Galicia con ciertos grupúsculos es un error garrafal. Por cierto, a ver cuando empezamos a condenar el uso y exhibición de símbolos comunistas, representativos de los mayores genocidios de la historia de la humanidad.

1 Violeta 5

Isto non lle preocupa a ninguén? Iso será no seu caso, a min si que me preocupa. O que xa non creo son aos equidistantes que para non condenar o nazismo inventan disculpas de mal pagador.

1 anonimo9073

Ciertos titulares cansan. "Galicia, en contra do cumio da extrema dereita ..." ¿Qué autoridad tiene el periodista que ha escrito este artículo para hablar en nombre de todos los gallegos? A mí me parecen muy mal los homenajes a terroristas de la ETA y no se me ocurre decir algo como "Galicia, en contra de los homenajes a terrorista de la ETA?"

1 Anonymous

Como son os de dereitas...de sequido cansan de ler titulares e reclaman autoridade para poder expresarse. Non grazas, fascismo nunca máis.