Homenaxe a Rosalía de Castro este sábado en Padrón coa chegada de 27 embarcacións tradicionais

Este encontro celébrase desde o ano 2013, que coincidiu co 150 aniversario da publicación de "Cantares gallegos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2019 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Este sábado celebrarase en Padrón a sétima edición da "Inchadiña branca vela", unha homenaxe rendida pola xente relacionada co medio marítimo á poetisa Rosalía de Castro.

En total, 27 embarcacións procedentes das distintas rías galegas ascenderán desde a praia fluvial de Vilarello en Cordeiro (Valga) ata Padrón, onde se homenaxeará á escritora diante da súa estatua no Espolón de Padrón.

Este encontro celébrase desde o ano 2013, que coincidiu co 150 aniversario da publicación de "Cantares gallegos", obra na que a autora inclúe un poema que fala da natureza do río Ulla e cuxo primeiro verso "que inchadiña branca vela" inspirou o nome da festa marítima na súa honra.

As actividades comezarán ás 16,30 coa saída das embarcacións e estímase que a chegada ao Espolón será ao redor das 18,00. Ademais, este ano os barcos quedarán expostos na Praza da Leña de Padrón durante un día.

A escritora e poetisa, Rosalía de Castro
A escritora e poetisa, Rosalía de Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta