Por Walter Burns | Santiago | 30/03/2012 | Actualizada ás 14:40
Ducias de cidadáns coláronse este mediodía por sorpresa na sede central da CRTVG en San Marcos. Segundo fontes dos traballadores consultadas por GC, son afectados polas opcións "preferentes", nas que teñen atrapadas os seus aforros miles de galegos.
Os afectados concentraronse ás portas do plató no que se emite en directo o Telexornal coa intención de interrumpilo para que se fale da súa problemática. De feito, na emisión en directo escoitaronse os ruídos da protesta, aínda que non entraron en cámara.
Os manifestantes coáronse no edificio e, unha vez no interior, dirixíronse ás dependencias do director xeral, que conseguiu fuxir. Posteriormente dirixíronse ás oficinas da dirección da TVG onde acurralaron ao director e subdirector de informativos para pedirlle explicacións pola falta de información na TVG sobre a súa problemática.
Acudiu a Policía
Ás instalacións de San Marcos tiveron que acudir varias patrullas da Policía para tentar desaloxar aos manifestantes que se instalaron nos pasillos e na redacción da TVG.
En Galicia a maioría dos afectados teñen os seus cartos retidos en Novagalicia Banco. Hoxe o Defensor do Pobo abriu unha investigación de oficio sobre o caso.
Os manifestantes non lograron entrar no plató porque a dirección logrouno pechar a tempo. A primeira hora da tarde seguían concentrados no exterior do edificio. Están polo menos os ocupantes de dous autobuses fletados dende Cangas e Moaña, no Morrazo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.