O PP contrapón as "luces" dunha Galicia que "lidera a caída" do desemprego ás "sombras" do Estado

O secretario xeral do PPdeG presume de que Galicia ten o "mellor dato interanual" das comunidades autónomas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2019 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, destacou que as cifras do paro coñecidas este venres reflicten que Galicia "lidera a caída" do desemprego a nivel estatal, co "mellor dato interanual" das comunidades autónomas, e contrapuxo as "luces" deste territorio fronte o que considera as "sombras" rexistradas no Estado.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado | Fonte: Europa Press

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego baixou en 4.328 persoas en xullo en Galicia en relación con xuño, un 2,79%, case 20 máis que a media (-0,14%). Desta forma, o total sitúase en 150.921 desempregados.

Tellado considerou que "non é casual" que Galicia teña un mellor comportamento en emprego que o resto de España, posto que se trata do territorio "con máis estabilidade institucional e política".

"Un Goberno que goberna e un Parlamento con maioría que dá estabilidade", insistiu, que acompaña "unha folla de ruta" do Executivo liderado por Alberto Núñez Feijóo que levou a un incremento "da economía e do emprego", mentres outros "manteñen todo o país en albas", en alusión a Pedro Sánchez e o fracaso da sesión de investidura.

Neste sentido e ante a incerteza da posible repetición de eleccións, Tellado advertiu que "onde hai inestabilidade" tamén hai "investidores que non invisten" e "empresarios que non contratan".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta