Temas: TREN PREZOS BNG RENFE

O BNG denuncia a venda de billetes 'Intercity' a prezo 'Avant' sen que Renfe informe aos usuarios

A deputada Noa Presas afirma que esta venda representa "unha estafa" xa que o billete non leva as características como a conexión para un computador ou teléfono.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2019 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

A deputada do BNG, Noa Presas, cualificou de "estafa" que Renfe venda billetes 'Intercity' a prezo de 'Avant' "sen informar os usuarios". A través dunha nota de prensa, a parlamentaria subliña que existen denuncias de afectados o tramo Ourense-A Coruña, aos que cobraron polo billete 25,3 euros "cando en realidade se trata dun Intercity cun prezo de 21,1 euros".

Presas afirma que esta venda representa "unha estafa" xa que o billete non leva as características como a conexión para un computador ou teléfono e os atrasos derivados dun tren procedente de fóra de Galicia. Ademais, a desactivación do cadro eléctrico á chegada a Ourense para a súa adaptación á vía sen electrificar "provoca outra molestia aos usuarios".

Portavoz parlamentaria de Industria do BNG, Noa Presas
Portavoz parlamentaria de Industria do BNG, Noa Presas

Temas: TREN PREZOS BNG RENFE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Braisiño

Un caso insólito na rede viaria. O tren ao que se refire a deputada é o Intercity que vén do País Vasco, que, cando chega a Ourense, a rama que vai a Coruña lévana en modo diésel pola vía do AVE nuns vagóns de hai 40 anos. Coméntabame un maquinista que nunca se viu tal en España, levando en diésel pola vía do AVE, habendo locomotoras eléctricas bitensión que están mortas de risa aparcadas en varias estacións. Outra estafa da RENFE é a do Alvia de Barcelona, que cando chega a Ourense, os pasaxeiros de Vigo son transbordados nun "tamagochi" (chamanlle así) diésel cheirando a fume e a gasóleo toda a viaxe.