GC Aberto

Carta aberta a Yolanda Díaz dunha militante de Esquerda Unida

"Nin en Deus, nin en reis, nin en tribunos"

Por marseo (http://www.facebook.com/marta.s.encinas) | GC ABERTO | 13/08/2019

Comparte esta noticia

Levo moitos anos en EU de Galicia, polo que coñezo a túa traxectoria política e os bos ascendientes que che preceden. Pero coñezo a túa evolución persoal, pois vin de preto o desdén co que che relacionabas cos militantes de EU/EU, cando orgánicamente participaban na valoración das posicións políticas dominantes que ti defendías.

Yolanda Díaz
Yolanda Díaz | Fonte: EN COMÚN-UNIDAS PODEMOS

Vinche participar na construción de En Marea, pero dunha forma diletante, non crendo no que se defendía, pois aínda que moitos crean que se apostaba por un esquerdismo radical, o único polo que se caracterizaba ese movemento era pola súa frescura e inocencia, é dicir, facer bandeira dunhas formas novas tales como as eleccións primarias, que non deixan de ser vellas para os que sempre militamos en organizacións "clásicas". En lugar de crear organización con xenerosidade, transmitindo experiencia, mellorando formas organizativas, humanizando as relacións entre os militantes, adscritos ou preincritos ou como se lles queira chamar, pois cando alguén tomaba unha iniciativa facíaselle o baleiro. Cando se quixo concretar algo que supuxese organización e toma de decisións, buscáronse todo tipo de escusas "informáticas" para non validar o proceso.

Non interesaba un proceso participativo e decisorio, o que levou á quebra de En Marea, decidíndose por arriba como e cando se facían as cousas. Así colaboraches en construír a unidade da esquerda. Iso si, aseguráchesche un posto de saída nas últimas eleccións xerais.

Con todo, os militantes de EU/EU non puidemos elixir, pois non sabemos como as cabezas de lista en cada provincia eran doutra organización, pois aí non chegabamos. Non creo que me equivoque, cociñouse nas alturas, de aí o teu cambio de circunscrición, así como o sometemento a non se sabe que principios políticos ou organizativos, pero si persoais.

Non sei o que facedes no Parlamento, pois nin abrides a boca para denunciar nada, soamente esperades participar en cargos, como é o teu caso segundo os bulos, lendas urbanas ou como queiras chamarlle, pois nunca te molestaches en denuncialos.

Cando o portavoz da túa organización (segues en EU?) manifesta a súa opinión sobre o problema da investidura, ti sitúasche claramente no sentido oposto, pero como ves frustradas as túas aspiracións agora pretendes volver ser algo en Galicia, cando por ela non fixeches nada. Perdón, fuches a primeira deputada en falar das necesidades do noso país, pero non debemos esquecer que na anterior lexislatura non se lle permitiu falar a quen che precedeu e por iso dimitiu.

É público e notorio que a túa obediencia non é a EU, non podo afirmar que sexa a outra, só sei que a EU non é. Por iso quero ratificar o dito por Eva Solla: "Nós escollemos os nosos candidatos", e no teu caso quero manifestar que "non es a miña candidata", que se che pasou o arroz, que te equivocaches de partido e rompiches a túa boa tradición.

Defenderei sempre a unidade da esquerda, aceptando cantas formas organizativas, posicións ou criterios diferentes aparezan na esquerda, pero tendo regras de xogo onde todos sexamos iguais, se alguén quere destacar entón reivindico o "primus inter pares", aínda que só sexa pola nosa historia.

Chegamos a un punto no que se manifesta o fracaso de quen quixo capitalizar o 15M. Fracaso previsto para quen lese o artigo "A revolución non será transmitida en directo" de Thomas Jeffrey Miley, que che aconsello leas. Tanto quixestes dirixir que vos esquecestes do principal: as organizacións. E xa sabes: "As ideas non viven sen organización", sóache?.

Non quero finalizar esta carta sen desexarche o mellor na vida, pero tamén lembrarche o inicio desta: "Nin en Deus, nin en Reis, nin en Tribunos", e o ti non serás a nosa "tribuna".

Nin eu o Pitufo de ninguén e orgullosa da miña mochila.

Asdo.- Marta Seoane Encinas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

7 Marta dos polos.ZS

Marta Seoane. Tes todo o meu apoio. Coñezo a túa entrega ás causas , a túa coherencia e a túa militancia de base. Farta que tes que estar desta dirixente , da súa arrogancia e ambición persoal para ser quen de escreber unha carta tan contundente e dura. Unha carta que , por outra banda , recolle o sentir de moit@s militantes e simpatizantes de EU. SAÚDE E REPÚBLICA.

6 DarzBaderMainghofe

"Defenderei sempre a unidade da esquerda"... española, claro... Ide tod@s pra MadriZ e deixade de dar vergoña allea, colonizados doentes con síndrome de Estocolmo.

5 Mugueimes

Pois com "bos ascendientes" como partida para mostrar casta... De família, quase exemplares! Donde protestou a Marta Seoane Encinas quando Yolanda tapou o caso de pederastia e expulsou aos denunciantes do partido? Seguro que Eva não aproveita da posição política institucional de jeito bem parecido à Yolanda, ou Ruben, ou Garzón? De verdade, no PcEspañol ou em Izquierda Unida, não há tribunos a mantenta?

4 Sentidiño

Hoxe mércores 14 puiden ler o orixinal español en "La Región", p.38. Grazas a GC pola tradución ao galego.

3 Gamela

Eu pregunto: ¿as que aínda militades en EU non sodes quen de controlar ós popes? Rubén Pérez amañou os prazos para ser el o único aspirante á Marea de Vigo! E logo artellaron unha lista de comparsas para apañar os votos dos que aínda querían crer que "outro mundo era posible" (Podemos-Anova) O resultado está á vista: 6000 votos perdidos e Rubén mantén a súa nómina mentras Oriana (Anova) fai de "becaria"... Espabilado, colocando a esta muller argüindo que a lista tiña que ser PARITARIA! Pero os de Podemos defenestrados: https://primariasmunicipales2019.po... Dende 15M - mataron AGE - mataron EnMarea - terminarán suicidándose? Resultado: en Galicia o BNG medra á sombra do PSOE mentres se disfraza de AgoraRepúblicas! A república da súa casa debe ser esa... Carmela Silva - Ana Pontón (Feminismo de Salón) Benvida á Realidade! https://i.gal/gamela05 // https://i.gal/gamela15