Gaiteirada de Leo Bassi no Obradoiro

Despois de que o alcalde de Santiago tentase evitar a súa actuación, o cómico italiano responde ao máis puro estilo Manuel Fraga.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 08/04/2012 | Actualizada ás 08:45

Comparte esta noticia

O coñecido bufón Leo Bassi está a buscar gaiteiros e gaiteiras para recibilos este xoves na Praza do Obradoiro. Segundo unha convocatoria que circula polas redes sociais, o acto comenzará a partir das 10:30 horas da mañá.

O artista italiano responde así ao alcalde do PP, Xerardo Conde Roa. O edil negoulle o aluguer do Teatro Principal aludindo problemas de datas pero destacando que Bassi, coñecido polo seu laicismo, producíalle "especial repugnancia".

O cómico confirmou na súa conta en Twitter que Roa será o centro dos seus dardos, pois a súa actuación incluíra a «inauguración de un semáforo en la cercanía por cambio de bombilla», en referencia ao acto no que o alcalde inaugurou dous semáforos, hoxe moi criticados en Compostela porque ralentizan o tráfico.

Despois de que lle fose negado o aluguer do recinto público, Bassi conseguiu actuar no salón de actos Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Máis pequeno que o Teatro Principal, o cómico realizará dúas funcións este xoves tras a 'gaiterada' do Obradoiro. Unha imaxe que sen dúbida recordará as macrogaiteiradas que organizaba Manuel Fraga nas súas tomas de posesión como presidente da Xunta.

None

Bassi dixo publicamente que a frustrada tentativa de Conde Roa serviulle para obter publicidade gratis e, polo tanto, máis público.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

2 comento

Avante LEO BASSI!! Vaise cagar en deus o Conde Croa!! Estaremos en Cangas de MOrraço, o xoves ás 10,30 énos imposible a algúns. Avante a farándula de reflexións social contra tanto pailán como o CRoa e a súa marca PP. O CROa, ex-opusino "botado a perder" vai ir ao inferno!! Que Satanás se apiade del !!! ; )

1 anonimo

¿Tiene previsto actuar en Pontevedra?

1 Faldo

O 15 de abril actuará no auditorio municipal de Cangas.