Aprobado o contrato para o centro de protección animal de Curtis

O centro contará con múltiples dependencias como áreas de corentena, zonas de maternidade, illamento infeccioso, hospitalización ou separación de animais agresivos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2025 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

A Xunta licitou por case 100.000 euros o contrato para a redacción do proxecto básico e de execución para a construción do centro de acollida de animais de compañía abandonados de Galicia que estará localizado no concello coruñés de Curtis. Segundo explican nun comunicado, o fin último dos traballos é deseñar a edificación do inmoble de protección animal de titularidade autonómica cunha capacidade estimada de 300 cans e 200 gatos cunha superficie total construída de 2.300 metros cadrados.

As empresas interesadas neste contrato -- cofinanciado pola Unión Europea -- no marco do programa Galicia do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder= 2021-2027 -- poden presentar as súas ofertas ata o próximo 30 de xuño e o prazo de execución dos traballos será de tres meses desde o día seguinte á súa formalización. Este complexo para a protección e acollida de animais de compañía abandonados, extraviados ou vagabundos ten como obxectivo reforzar a nivel autonómico o labor desempeñado polas administracións locais e as entidades sen ánimo de lucro.

O inmoble dará servizo aos municipios con menos poboación -- de menos de 5.000 habitantes --, pois son os que teñen máis dificultades para dispoñer dos medios necesarios para asumir de maneira satisfactoria estas tarefas e cumprir coas obrigacións legais establecidas. O centro contará cunhas instalacións completas con múltiples dependencias como áreas de corentena para cans e gatos, zonas de maternidade, illamento infeccioso, hospitalización, separación de animais agresivos ou mantemento de exemplares aos que se engaden un módulo veterinario con consultas específicas de gatos e cans, sala de hixiene, un quirófano e unha sala de radioloxía.

Imaxe dun can
Imaxe dun can | Fonte: CONCELLO DE LEGANÉS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta