Que é Acción Galega?

Un grupo de ex dirixentes do BNG, independentes e mesmo militantes do PP comezaron a negociar cos irmandiños e con +G a opción de participar nunha gran coalición nacionalista "aberta" e "centrada no país". O proxecto está en marcha pero aínda non colleu forma.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/04/2012 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Non é un partido político pero funciona como tal. Hai meses que ex dirixentes do BNG se xuntaron para analizar a posibilidade de crear un novo partido nacionalista á marxe do Bloque. Esa era a idea orixinal pero, tras o acontecido na asemblea nacionalista do BNG, os obxectivos mudaron.

None

Nesas conversas iniciais participaron rexedores do BNG, principalmente de Ourense, como Xoán Jardón, de Vilar de Santos; e outros ex dirixentes desta formación coma Teresa Táboas, Xosé Antón Pérez Lema ou o dirixente do PNG-PG, Xosé Mosquera. Pero tamén estaban outras figuras destacadas, polo menos en canto a súa militancia, do PPdeG, como é o caso de Rafael Cuiña, fillo do ex conselleiro de Política Territorial na época de Fraga, Xosé Cuiña. 

 

Nova etapa

 

Sen embargo, tras a decisión de Encontro Irmandiño de abandonar a fronte --unha decisión que seguiron outras formacións como +G, o PNG ou EN--, este grupo de persoas comezou unha nova etapa nos seus obxectivos políticos e abriron vías de negociación con EI para analizar a posibilidade de crear unha gran coalición nacionalista.

None

 

Segundo as fontes consultadas por GC, nesas conversas participaron Rafael Cuiña e Teresa Táboas, entre outros dirixentes. Houbo aproximación de posicións pero as posturas de Acción Galega foron claras sobre esa "gran coalición"; non pode ser un fronte de partidos "ao estilo do BNG", non debería integrar a formacións independentistas ou que teñan coma único fin acadar a independencia de Galicia e tería que estar aberta a posturas "centristas", ao estilo dos converxentes cataláns.

 

O papel de Beiras

 

Tamén houbo valoracións persoais sobre quen debería liderar esa fronte. E a postura dalgúns dos que participaron nestas conversas é que non debería ser dirixida por Xosé Manuel Beiras. "Quizais poidera encabezar a lista desta coalición por A Coruña, pero non ser o candidato", comentaron as fontes consultadas sobre o que dixo un destes interlocutores.

 

Posteriormente, a pasada semana, Acción Galega comezou negociacións con +G. Unhas conversas nas que participaron, entre outros, Xoán Báscuas e Rafael Cuiña.

 

Polo momento, non hai decisións en firme posto que as conversas que se manteñen son a varias bandas. EI mantén abertos canles de diálogo cos Ecogaleguistas, con +G, con Causa Galiza, coa FPG, cos distintos colectivos nacionalistas creados tras a asemblea nacionalista do BNG e mesmo con algún grupo de socialistas excindidos do PSdeG. Tamén +G dialoga con varios destes grupos. "É necesario algún tempo para avaliar as propostas que se están poñendo enriba da mesa e comezar a sacar conclusións", comentan as fontes consultadas.

 

Outro proxecto centrista

 

Por outra banda, Acción Galega mantivo, tamén, conversas informais con algún dos dirixentes doutra fronte de partidos de centro que se está a formar en Galicia e que xa mantivo algunhas xuntanzas. Nestas conversas teñen participado representantes de Terra Galega (TEGA), Partido Nacionalista Galego (PNG-PG), Alternativa Popular Galega (APG), Converxencia XXI (CXXI) e Partido Galeguista Demócrata (PGD). Con todo, e segundo as fontes consultadas, non houbo ningún acordo.

 

"O que buscan é unha persoa mediática. Non dispoñen de ninguén que teñan certa proxección", di un dirixente consultado de Acción Galega. "Nós xa lle ofrecemos participar nesta nova plataforma pero semella que non amosaron ningún interese", apunta outro dirixente dun destes partidos. "Con ou sen eles nós seguiremos adiante co noso proxecto porque, desde logo, non entendemos como se conxunta iso dun partido que se di independentista como a FPG con outro de centro-galeguista como din que son eles", insiste en referencia a Acción Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 198 comentarios

35 un que non sabe nada

TEGA, PNG-PG, APG, CXXI, PGD, AG, +G, EI, CG, FPG, EN, excindidos do PSdeG, militante do PPdeG, Ecogalegistas.... Se por siglas non queda a cousa, e seguro falta algunha, dito asi parece que son milleiros, ondanadas de galeguistas a polo espazo do BNG, do PSdeG e o trono de Feijoo. Xa twitea o Cuiña que disque veu unha enquisa na que hai sorpaso....!!! Quen atopa mais de duas coincidencias en todo ese remexido? Que País, mi ma... , que País....

34 Francisco

¿ Un clube de opinión de 3 persoas é un partido ?? E xá lle están a buscar un rol acaído a Beiras como se fora un pelele? ¿O importante é que sexan galegos-galeguistas, "coma os cataláns", etc; De partidos centrados e de centro, xá ímos sobrados e fartos. ¿Non aprendemos nada aínda?

33 Sócrates, e Platón

Non son só Táboas, Pérez Lema, Bouza, etc., os que buscan conformar algo serio, asentado na esquerda racional e que estea aberto a moitos militantes galegos. Existn outros miles de galegos/as que se quedaron na casa cando a desfeita de Coalición Galega porque apostaran por algo serio e algúns, (imos omitir nomes ainda que os coñecimos persoalmente) tiraron pola borda unha opción política que na súa primeira presentación electoral conseguira nada máis nen nada menos que 11 deputados. De consolidarse aquela opción política hoxe non estariamos discutiando se de centro, se de esquerda ou se neoliberal. Esa xente segue aí, ainda que algúns xa morreron, pero quedan moitos centos, miles de votos esperando algo semellante, obviamente adaptado ás circunstancias políticas actuais. Quen sexa quen de ofrecer algo así ten un futuro político asegurado.

1 Eiaculador precoz

Pois si que andas atinado, se defines a Pérez Lema, Pérez Bouza ou a Táboas coma de esquerda. Eso de reeditar Coalición Galega está moi ben, sobre todo sen as ferramentas da Coren, as cooperativas e Franqueiras detrás. Reeditala no Ourense clientelista baltariano, pra que logo chegue outro Nuñez e as volte a poñer en mans do PP. Ten un pano a man, pra cando remates de practicar o onanismo mental.

2 Meu Reí

Coalición Galega de esquerdas? É broma non?

32 O muiñeiro da Serra

Aquí a xente está eléctrica. Sae unha nova de que varios grupos teñen conversas para organizar algo fora do BNG e choven puñaladas traseiras por todos lados. Que pasa? É que deberan irse para a casa e escribir as súas memorias do tempo que viviron dentro do BNG? É iso o que queren todos os que se quedaron? Teñen medo de perder o privilexio de ser, de facto, a única representación nacionalista? Algo leva o rio cando tanto soa.

1 entreoslacaios

Está ben eso de que só teñan dereito de critica as cisións dereitistas do Bloque, amosa un fondo esprito democratico. Eu por miña banda, os critico, como critico todo o que sexa criticable, pero sempre sen negarlle a lexitimidade que teñen a emprender unha nova andaina, por perdida que dita andaina sexa.

2 Galego

O único que está perdido aquí é o 50% das persoas que 'traballan' e/ou viven do BNG. Sería bo que ademais eses vividores aprenderan a escribir minimamente ben en galego, colocación de pronomes, frases literais traducidas do castelán, e todo ese tipo de cousas.... Creo que ben me entendes? Pois iso, eu non tentaría demasiado a sorte, porque ao final o único que conseguirás será que todo se veña abaixo de forma máis precipitada, e sendo sinceiros eso tampouco é bo para o nacionalismo, ergo tampouco para min, malia que non formo xa parte do BNG

3 entreoslacaios

Ou seña que pra os illuminatis todo se circunscriba a colocación dos pronomes. Mira meu, non todos tivemos a oportunidade de ser filologos en paros. Moitos tivemos que empezar a traballar, polo país e por nós, ben cedo. Cando estudabamos non tiñamos nin unha mísera clase en galego. Ainda aí, nunca renegamos do galego, nin temos vergoña por falalo mal porque estamos orguloso de poder falalo, ainda que xa nos gostaría falalo millor.

31 Nacionalista

Saben que sen Cuiña a imaxe de novo proxecto esmorecería, e sería outro BNG. O de Lalín é a pedra angular do proxecto, para dar a sensación de que chegan a moitos sectores, cando en realidade están na esquerda. O problema é que o PP non deixará que Cuiña marche porque sería unha baixa moi simbólica para unha parte do seu electorado, e non están as cousas para moitos luxos.

1 Groucho

Jua, Jua, Jua....que un fillo dun cacique é a pedra angular do novo proxecto é a repanocha, non? Que fixo este home na vida ademáis de chuchar do teto de papá PP? Fodidos imos se o noso país depende de xente así.

2 Manuel

Os únicos puros son os aspirantes a Lexus da UPG, os patriotas comunistas que quedaron no BNG, ¡Eso si que é futuro!, xa verás o que lle van dicir os galegos nacionalistas a esa xente, tempo ao tempo....

3 Rayleigh

Non Groucho..que non estás na onda!! PAra aventuras políticas, faia falla cartos. E están as cousas como están. Por non ter, non hai nin caixas...polo tanto hai que buscar financiamento. E aquí aparece Cuíña. El é o que vai poñer os cartos. El vai ser o paganini de todo. Xogada mestra, non, meus nenos?