Un morto e dous feridos nunha colisión de dous vehículos en Carballo

A colisión produciuse na AC-552, ao seu paso polo municipio coruñés.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2019 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

A colisión dun turismo cunha furgoneta saldouse cunha persoa falecida e dous feridos na AC-552, ao seu paso polo municipio coruñés de Carballo.

Lugar onde se produciu o accidente
Lugar onde se produciu o accidente | Fonte: Google Maps.

Á unha da madrugada, un particular alertou ao 112 dun choque entre dous vehículos cunha persoa atrapada na estrada que une Bértoa e Carballo.

O servizo de emerxencias informou os axentes de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos do servizo municipal de Protección Civil.

Tras finalizar a súa intervención, os bombeiros confirmaron ao persoal do 112 a liberación do condutor da furgoneta. Sinalaron que o condutor foi trasladado polos profesionais sanitarios ao Hospital Modelo da Coruña. O condutor do turismo resultou ferido leve e o copiloto faleceu no hospital.

Nada máis ser evacuados polos servizos sanitarios, o persoal de mantemento da estrada encargouse da limpeza da vía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta