As universidades de Santiago e Vigo, entre as mil mellores do mundo, aínda que baixan un chanzo na clasificación

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2019 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Vigo (UVigo) mantéñense entre as mellores universidades do mundo segundo o Academic Ranking of World Univerties (Arwu), aínda que ambas baixan un chanzo na clasificación.

Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Santiago de Compostela | Fonte: USC.

O Arwu, comunmente coñecido como ranking de Xangai, selecciona aproximadamente 1.800 universidades e destaca as 1.000 mellores. Outro ano máis, a USC e a UVigo mantéñense entre as mellores universidades.

Con todo, a institución compostelá cae do chanzo que vai das 401 ás 500 primeiras ás incluídas entre as 501 e as 600 primeiras e a viguesa, do mesmo xeito, pasa do escalafón 501-600 ao 601-700.

Os indicadores que emprega Arwu para clasificar son a cantidade de ex-alumnado e persoal gañador dos premios Nobel e das medallas Fields, a cantidade de persoal investigador altamente citado ou o número de artigos publicados en revistas científicas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 BonMisesrias

Outro chanzo abaixo máis que reflexa o fracaso sostido e imparable diste país en todos os eidos. Imaxino que é hora de fundar unhas poucas universidades privadas pra solucionalo... (modo Xunta On...).