Yolanda Díaz, no núcleo duro de Pablo Iglesias para negociar co PSOE un goberno de coalición

A formación morada envía un documento aos socialistas con propostas programáticas e de competencias

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 20/08/2019 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Unidas Podemos enviou este martes ao PSOE un documento con propostas programáticas e de competencias co obxectivo de retomar a negociación e acordar un goberno de coalición. A formación morada inclúe no documento, de máis de cen páxinas, ata catro opcións distintas para a inclusión dos de Iglesias no Executivo socialista. A galega Yolanda Díaz forma parte do equipo de negociación.

No documento, ao que tivo acceso Europa Press, detállase que a primeira das catro propostas contempla para os morados unha Vicepresidencia de Dereitos Sociais e Igualdade, o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, o Ministerio de Sanidade e Consumo, e o Ministerio de Vivenda e Economía Social.

A segunda proposta, incluiría esa Vicepresidencia de Dereitos Sociais e Igualdade, o Ministerio de Transición Ecolóxica, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e o Ministerio que de Vivenda e Economía Social.

A terceira opción que dá Podemos ao PSOE, daría aos de Iglesias a Vicepresidencia de Dereitos Sociais e Igualdade, o Ministerio de Transición Ecolóxica, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e un ministerio que albergaría Agricultura, Pesca e España Vaciada.

A cuarta e última proposta dos morados inclúe a Vicepresidencia de Dereitos Sociais e Igualdade, o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e o Ministerio de Cultura.

Por parte de Podemos recalcan que estas catro propostas competenciais son "flexibles", realizáronse co ánimo de "facilitar a negociación", e situarían a Unidas Podemos "en responsabilidades sobre as cales xa se estivo traballando" en xullo. Entón, o PSOE chegou a ofrecer a Unidas Podemos tres ministerios e unha vicepresidencia social.

Bico entre Pablo Iglesias (Podemos) e Yolanda Díaz (Esquerda Unida) en Vigo
Bico entre Pablo Iglesias (Podemos) e Yolanda Díaz (Esquerda Unida) en Vigo | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Dalle que libras

E vai levar de asesor ao uue tiña no Concello de Ferrol e logo no Parlamento Galego?

2 quenlla do mar

Si a trepa agora a queren nomear no ministerio da pescadilla, xa saben os mandriles faro primixenio do océano de poseidon...

1 Gamela

Con sorte terán unha Subdirección Xeral de Parques, Xardíns e Cemiterios !!! Se logo de 4 anos sacan a momia do Val dos Caídos seguro co venderían coma un éxito da esquerda! O seu republicanismo de salón non pode ir moito máis lonxe... https://i.gal/gamela21