Okupas da Coruña rehabilitando sacristía

A okupación da Moura por ex-chabolistas atraeu ducias de cámaras. Tamén na Coruña funciona dende hai meses un centro social nun antigo e enorme internado de monxas. Vídeo no interior.

Por Walter Burns | Culleredo | 14/04/2012 | Actualizada ás 08:20

Comparte esta noticia

A actividade okupa na Coruña é foco de interese a nivel estatal pola ocupación dun edificio abandonado, A Moura, por ducias de familias xitanas procedentes de Penamoa esta semana. O certo é que nas aforas da capital herculina hai meses que activistas okuparon outro inmóbel, tamén moi signifcativo, que visitaron as cámaras de Tingalaranga para GC poucos días despois da okupación.

A un paso do Alcampo no barrio de Palavea un colectivo de mozos restouro este antigo internado feminino de monxas no mes de agosto. A okupación segue na actualidade programando unha activa axenda cultural.

None

O primeiro que limparon e habilitaron para vivir e durmir foi a sacristía. Aos poucos días da entrada, as cámaras de Tingalaranga filmaron como xa estaban rehabilitados outros espazos como a cancha de deportes, aberta aos mozos do barrio.

Daquela xa había dúas persoas identificadas pola Policía. Debido a situación legal en torno ao inmóbel, a práctica totalidade dos actividas preferiu non saír nas imaxes.

Con todo, unha das activistas vai facendo un percorrido pola xigantesta finca, de máis de 7.000 metros cadrados. A activista relata os plans para organizar actividades e as xa programadas nos primeiros días, como teatro.

Varios dos mozos da okupa das Oblatas (Culleredo) participaron no Centro Social Okupada nas Atochas, desaloxado pola Policía e a Xustiza semanas antes da entrada no novo espazo.

Que é o que move aos mozos a exporse ás condenas xudiciais okupando un novo inmóbel? A activista insiste en que a súa principal preocupación é artellar un espazo público que os veciños poidan disfrutar nun solar que "pasaba de man en man produto da especulación" e que estaba nunha situación de "abandono total". "Queremos facer algo grande e para todos", conclúe.

Máis información sobre o CSO Palavea  na súa web.

None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta