Os cargos do BNG tamén se apuntan ás procesións relixiosas

Un dos dirixentes locais do Bloque de Mondariz desfilou xunto cos concelleiros do PP no día grande das festas da Peña de Francia.

Por Galicia Confidencial | Mondariz | 22/08/2019 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Alexandre Estévez Gil é un dos homes fortes do BNG de Mondariz e unha das persoas da máxima confianza do alcalde, o nacionalista Emilio Barros. Este alto cargo local do Bloque participou en primeira fila cos concelleiros do PP no desfile e procesión relixiosa que se fixo no día grande das festas da Peña de Francia, o pasado 15 de agosto.

Alexandre Estévez Gil, alcalde pedaneo de Vilasobroso e nembro da dirección local do BNG de Mondariz, nun evento relixioso / remitida Alexandre Estévez Gil coa dirección do BNG de Mondariz / BNG
Alexandre Estévez Gil, alcalde pedaneo de Vilasobroso e nembro da dirección local do BNG de Mondariz, nun evento relixioso / remitida Alexandre Estévez Gil coa dirección do BNG de Mondariz / BNG

Alexandre Estévez Gil, que é tamén alcalde pedáneo da entidade local menor de Vilasobroso, estivo acompañada no interior da igrexa polas actuais concelleiras do PP, Ana Corredoira e Virginia Sotelinol, mentras o alcalde Emilio Barros e os dous tenentes de alcalde do BNG,Leopoldo Tato e Lita Carballo, agardaban na praza central de Mondariz.

Este feito pasaría por anécdota pero causou certa sorpresa en sectores da esquerda de Mondariz, e do propio BNG, cuxos principais dirixentes son contrarios á participar en eventos de tipo relixioso, e mesmo teñen criticado a dirixentes doutros partidos da esquerda por facelo, como é o caso de Yolanda Díaz, agora no núcleo duro de Pablo Iglesias.

Esta boa relación entre nacionalistas e populares en festas relixiosas coincide, ademais, co pacto acadado entre BNG, PSdeG e PP neste concello onde os populares apoiaron a investidura de Emilio Barros como alcalde a pesar de que a marea local, Alternativa por Mondariz, fora a máis votada.

O acordo do PP co BNG en Mondariz foi moi criticado por dirixentes nacionalistas, entre eles, o ex voceiro nacional desta formación Guillerme Vázquez. Con todo, a dirección do BNG apoiou este acordo alegando que fora o PP quen apoiara ao BNG e que non había pacto. Este caso foi xulgado de xeito diferente ao de Catoira, onde a Executiva nacionalista abriu expediente de expulsión aos seus edís por pactar co PP para que lle dera a alcaldía en detrimento do PSOE.

Alexandre Estévez Gil, alcalde pedaneo de Vilasobroso e nembro da dirección local do BNG de Mondariz, nun evento relixioso
Alexandre Estévez Gil, alcalde pedaneo de Vilasobroso e nembro da dirección local do BNG de Mondariz, nun evento relixioso | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Caneda

Sempre o fixeron. Perderon as alcaldías de Vigo e Ferrol en 2003 por estas cousas, e aínda non aprenderon. A súa resposta á nova? A de sempre: atacar a "mareantes" e "Malicia en Común". La Vox de Galicia manda moito no Consello Nacional.

5 Martiño S. V.

Un representante (electo) do BNG nun acto relixioso ou militar (fora as institucións da Igrexa: Estado Laico!) é unha aberración. Eu podo profesar o culto (milito no BNG) que me pete pero un político profesional dito nacionalista galego de esquerdas non pode ir representando á organización. No PPSOECSVOX teñen sitio abondo.

4 Esquerda laica depende pra que

Moito mellor celebrar o ramadán como facían os vagos e mareantes en Santiago, onde vai parar!

3 Gulipa

Na casa por min coma se profesan o rito jedi pero un político do BNG non pode nunca participar en cerimonias relixiosas. Un pouquiño de coherencia. Ou tamén imos comezar a falar en español nos mítins? Qué vira logo?? (e que conste que tampouco pode ir a actos onde estexa un borbón, eh Ana...).

1 nostrus

Tanto esbardallar de defender a cultura e logo quedades en evidencia.Pois a relixion é mais antiga en Galicia que o galego e pertenece a cultura de Galicia. En canto a falar español eu agradezo que non o fagades para asi non manchar a lingua de todos nos. Demostrase asi que os bloqueiros, inda que pertenecedes ao grupo dos humanos, sodes as personas que mais perto estades dos animais irracionais, aqueles que non razonan e só obedecen a estimulos producidos por aquelo para o que foron adestrados.

2 Pregunto

Pode vostede agora explicar-nos por que um nacionalista galego a título individual nom pode ser crente dumha religiom, seja qual for, e participar nas suas cerimonias?

3 nostrus

Gulipa, los naciotas sois facilemente estudiables y predicibles. Asi como un rumiante se puede asegurar que rumea porque es rumiante, un perro ladra porque es perro, un burro rebuzna porque es perro y no sabe hacer otra cosa, un nacota tambien tiene unos hábitos propios a la hora de hablar, de comer, de aparearse. Pero que quede claro que todo queda ahi, en ser naciotas, porque los gallegos somos mucho mas que eso, porque un gallego, habla lo que quiere, come lo que quiere y se acuesta con quien quiere o puede, porque un gallego por lo general es una persona libre e inteligente, excepto los gallegos naciotas.

2 EU CREO

NON TODOS SOMOS DESCREIDOS... mellor estar con Deus no ceo... que onde vai parar a mareante do podremios agora fixeron un reboot para transformar a transtornada en "MALICIA EN COMUN" e enton van parar o inferno onde por certo xa esta algún... onde arderán un-ha e outra vez durante millons de billons de trillosn de cuadrillons de CENTOS DE QUINTILLONS DE EONES... fixesen que digo EONES e non anos!!! (DE TANTO AFILAR O LAPIS VAN QUEDAR SEN MINA) mellor ir a misas que axeonllarse como esta facendo o podremios diante do pe$oume por ocupar butacons ministeriais....