Adif asegura que non se "desentiende" das actuacións da estación de tren de Ourense

Advirte que o acordo fai referencia ás actuacións "estritamente ferroviarias" e explica non están contempladas as do "viario rodado e o cubrimento adicional".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2019 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O Administrador de Industrias Ferroviarias (Adif) asegurou que non se está  "a desentender as actuacións da estación ourensá". Unhas declaracións que vertiu en relación ás do concelleiro de Infraestruturas do Concello de Ourense, Miguel Caride, nas que aseverou que Adif se "desentendía dos investimentos por máis de 20 millóns de euros para mellorar a permeabilidade" da terminal da cidade.

Segundo informou a entidade nun comunicado este xoves, o convenio do proxecto da estación intermodal de Ourense fai referencia ás actuacións "estritamente ferroviarias" e explica que as obras relativas ao "viario rodado e ao cubrimiento adicional" das vías "non están contempladas no mesmo".

Adif apuntou que na actualidade traballa en "catro proxectos" no ámbito da estación de Ourense-Empalme: a "estación intermodal e pasarela urbana"; o "cubrimiento de patio de vías", así como o seu correspondente "cubrimiento adicional", e o "viario rodado".

Desta maneira, a empresa sinalou que os dous primeiros proxectos son actuacións ferroviarias financiadas pola entidade e que se atopan "moi avanzadas". Os outros dous proxectos supoñen un "importante" investimento de 20 millóns de euros e corresponden con "accións non ferroviarias".

O convenio, explica Adif, recolle que o Concello de Ourense e a compañía estudarán conxuntamente "unha proposta de integración" do ferrocarril na estación Ourense-Empalme, que inclúa "unha conexión viaria que comunique as áreas urbanas separadas pola infraestrutura da estación", así como "o cubrimiento do patio de vías na zona próxima ao viaduto da N-525".

Estación de tren galega. CEDIDA
Estación de tren galega. CEDIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta