A saída de vía dun turismo sáldase cun home falecido en Verín

Por E.P. | OURENSE | 23/08/2019 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

A saída de vía dun turismo rexistrada na madrugada deste venres no termo municipal de Verín saldouse cun home falecido.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 5,40 horas no cruzamento de Mourazos, no municipio ourensán de Verín. Tras recibir o aviso dun particular, o 112 Galicia mobilizou ao 061, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros de Verín.

O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial e o equipo sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Verín, que confirmou o falecemento do home G.H.D., de 45 anos, confirmaron fontes sanitarias.

Ademais, os axentes de Tráfico solicitaron, así mesmo, axuda para arranxar un poste de iluminación pública danado a causa do golpe, pero non puña en perigo a circulación ao estar fóra da calzada, indicou o 112.

Ambulancia
Ambulancia | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta