Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2025 | Actualizada ás 10:27
O incendio iniciado na tarde do pasado martes no municipio ourensán da Mezquita, parroquia de Chaguazoso, quedou extinguido ás 23,17 horas do xoves tras arrasar 38,6 hectáreas.
Segundo informa a Consellería do Medio Rural nun comunicado este venres, para a extinción do lume traballaron sete avións, cinco helicópteros, 16 motobombas, unha pa, 21 brigadas, 12 axentes e tres técnicos. Do total de superficie queimada, 20,6 hectáreas correspóndense con monte raso e as 18 hectáreas restantes son de arboledo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.