Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 04/07/2025 | Actualizada ás 16:49
Un home duns 40 anos foi detido este xoves por disparar ao aire, supostamente, tras recriminar ao seu veciño o ruído que estaba a facer mentres celebraba unha churrascada. En concreto, a Policía Local foi alertada ao redor das 21.50 horas polo 112, que informou de que un veciño do lugar de Serantellos ouvira detonacións. Ao parecer, segundo o relato da Policía Local, a persoa que deu a alerta estaba a facer unha churrascada na súa leira.
Neste contexto, tras chamar a atención polo ruído que estaban a facer durante a celebración, este regresou á súa vivenda e, pouco, despois, os asistentes á churrascada escoitaron posibles disparos. Así, o organizador desprazouse ata a casa lindeira, onde o veciño abriu a porta cunha arma na man.
Os axentes da Policía Local que se presentaron na vivenda do presunto autor dos tiros sinalaron que o home volveu abrir a porta coa arma na man, polo que foi detido e trasladado á comisaría da Policía Nacional. Cabe sinalar que o detido ten permiso para posuír a arma que portaba nese momento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.