O alcalde de Santiago prevé pór en marcha o novo servizo de comedores escolares en xaneiro de 2020

Di que as familias están preocupadas pola "calidade da comida".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2019 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, prevé que se poñan en marcha o novo servizo de comedores escolares en xaneiro de 2020, no referente á calidade e variedade da comida e á proximidade das cociñas onde se preparen os menús do centro.

Desta maneira, Bugallo informou este luns de que haberá un aumento do custo do servizo de 90 céntimos "por cada usuario" e asegurou que o goberno local "axudará ás familias".

Tamén destacou que as demandas que lle chegaron por parte dos pais "non son de diñeiro, senón reivindicacións de calidade na comida", e afirmou que lle "sorprende" que sexa preocupante esta subida, xa que o obxectivo "é a mellora do servizo e non é diñeiro malgastado".

O alcalde compostelán explicou que hai unha "transparencia absoluta" nos pregos de condicións dos comedores escolares aprobados pola Xunta de Goberno ao "publicarse nos diarios oficiais e na páxina web".

Pola súa banda, Bugallo considerou que estas medidas derivan "estritamente" do estudo económico que foi "o único" que recibiron "do goberno anterior", e que as empresas que concorren poden "ofrecer melloras na calidade" e tamén "rebaixas no prezo".

Comedor escolar
Comedor escolar

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta