Educación garante que o "curso vai empezar con normalidade" nos centros con obras

Pomar indica que se estudará se é necesaria unha reordenación do mapa escolar en Santiago polo movemento de alumnos cara á zona sur.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2019 | Actualizada ás 16:27

Comparte esta noticia

A Conselleira de Educación, Carmen Pomar, garantiu que o "curso vai empezar con normalidade" nos centros galegos nos que se realizan obras de mellora.  Este luns visitou as obras do novo edificio do CEIP Lamas de Abade, en Santiago de Compostela, que terá capacidade para 150 alumnos. Alí explicou que, "para tranquilidade" da comunidade educativa, as obras en máis dunha vintena de colexios ás que a Xunta destina 21 millóns do superávit "van en tempo", máis aló dalgunha "pequena incidencia".

De tal forma, remarca que aqueles centros nos que se vai a compatibilizar as obras co inicio da actividade lectiva os diversos membros da comunidade escolar están "concienciados" para arrincar "con normalidade".

A ampliación nas Lamas de Abade para infantil conta cun orzamento de máis de 1,1 millóns de euros. Este novo edificio terá seis aulas con aseos, unha sala de usos múltiples e un patio cuberto, entre outros espazos. Para conectar o novo edificio e o actual constrúese unha pasarela acristalada. Ademais, instalarase un ascensor e aumentarase o patio cuberto no inmoble xa existente.

REORGANIZACIÓN DO MAPA ESCOLAR DE SANTIAGO

Nesta visita, a conselleira estivo acompañada polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Ambos reflexionaron en declaracións a prensa sobre a necesidade de estudar unha reordenación do mapa escolar compostelán debido ao movemento de poboación do norte cara ao sur, que está a provocar unha maior presión nesta última zona.

Pomar explica que hai un "claro movemento de poboación cara ao sur" en Santiago, o que provoca que "hai máis nenos" neses centros. Por iso, considera que "é cuestión de sentar" co rexedor para "analizar" a situación, "e no caso de que sexa necesario reorganizar un pouco o mapa escolar".

Sobre este extremo, Sánchez Bugallo advirte de que os centros do norte conta con "cento e pico" alumnos de media fronte aos do sur, nos que hai máis de 400 de media. E é que indica que a partir de 500 pode haber "problemas" na efectividade.

Por iso, o alcalde compostelán avisa de que os centros do sur están "moi ao límite". Lembra que centros como o de Quiroga Palacios están necesitados dunha ampliación, por iso está previsto aproveitar un edificio que no seu día foi a casa do conserxe para crear un aulario.

Nenos nun centro escolar
Nenos nun centro escolar | Fonte: XUNTA DE GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta