Novo caso de malos tratos a cabalos: atopan un exemplar cun cepo cravado na pata en Covelo

Diso informaron a Fundación Franz Weber e a Asociación Libera este martes a través dun comunicado, no que sinalaron a existencia de "decenas" de casos similares nos últimos anos en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2019 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

Animalistas volveron a denunciar os malos tratos a cabalos en Galicia tras a aparición dun novo caso no que se lle obrigaba a un exemplar a camiñar cun cepo nas súas patas traseiras, o que provocaba "o sufrimento" do animal.

Diso informaron a Fundación Franz Weber e a Asociación Libera este martes a través dun comunicado, no que sinalaron a existencia de "decenas" de casos similares nos últimos anos en Galicia.

Así, indicaron que, ademais destes instrumentos coñecidos como "pexas" ou "trancas", tamén se utilizan "cadeas e cordas entrelazadas", o que, segundo os animalistas, "causa profundas laceracións nas patas".

As entidades fixeron fincapé en que estes animais quedan excluídos da Lei de Benestar Animal de Galicia, polo que "non se pode aplicar o seu catálogo de infraccións", que neste caso podería ascender a "sancións de ata 30.000 euros", así como a inhabilitación para a "tenencia de animais por un máximo de dez anos".

Animalistas denuncian os malos tratos a cabalos tras un novo caso dun équido cun cepo cravado en Covelo (Pontevedra). LIBERA
Animalistas denuncian os malos tratos a cabalos tras un novo caso dun équido cun cepo cravado en Covelo (Pontevedra). LIBERA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta