A UDC acolle en Ferrol do 4 ao 6 de setembro un encontro de expertos en automatización

O evento, segundo a UDC, será "un punto de encontro entre os profesionais de Automática, tanto no ámbito da investigación como da docencia e a empresa".

Por E.P. | A CORUÑA | 28/08/2019 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

O campus de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC) acollerá entre os días 4 e 6 de setembro as XL Xornadas de Automática, que organiza un comité de profesorado da Escola Universitaria Politécnica.

As xornadas están promovidas polo Comité Español de Automática, unha asociación formada por expertos do campo da automatización, o control de procesos e as novas tecnoloxías.

O evento, segundo a UDC, será "un punto de encontro entre os profesionais de Automática, tanto no ámbito da investigación como da docencia e a empresa". Ademais, presentaranse resultados de investigación relacionados con esta rama da enxeñaría.

Redes sociais, móbiles, Internet. JCCM - Arquivo
Redes sociais, móbiles, Internet. JCCM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta