A Xunta pide reunións con Endesa, Transición Ecolóxica e ao comisario Cañete pa solucionar o problema das Pontes

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2019 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

Presidencia da Xunta remitiu esta semana as cartas a Endesa, o Ministerio de Transición Ecolóxica e o comisario Miguel Arias Cañete para solicitar ao tres partes reunións para abordar a situación da central térmica das Pontes (A Coruña), segundo informaron fontes da Consellería de Economía a Europa Press.

A planta está paralizada desde hai meses, o que motivou varios encontros entre sindicatos e o titular de Economía, Francisco Conde, a última o pasado 9 de agosto.

Nesa cita, hai hoxe 20 días, organizacións sindicais e Xunta acordaron actuar de forma conxunta para buscar solucións a unha crise que mantén en albas a unhas 750 familias, segundo os seus números.

O denominado céntimo verde, os mecanismos de compensación por emisión de CO2, o mix enerxético e o prezo da electricidade son algúns dos factores que afectan a esta factoría de carbón.

Central térmica das Pontes
Central térmica das Pontes | Fonte: Pepe do Couto en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta