Localizan o corpo dun home falecido na Praia da Antena en Ourense

O corpo dun home foi localizado na mañá deste venres cando flotaba na auga na canle do Río Miño, á altura da Praia da Antena, en Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2019 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

O corpo dun home foi localizado na mañá deste venres cando flotaba na auga na canle do Río Miño, á altura da Praia da Antena, en Ourense.

Os feitos sucederon sobre as 11,00 horas e ata o lugar desprazáronse varias lanchas, axentes da Policía Nacional, Bombeiros e ambulancia para retirar o corpo da auga.

O 061 enviou unha ambulancia medicalizada cuxo persoal confirmou o falecemento no punto da persoa, indicaron fontes sanitarias a Europa Press.

Praia Fluvial da Antena, Ourense
Praia Fluvial da Antena, Ourense | Fonte: wikiloc

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta