A Xunta defende un sistema aeroportuario "coordinado" e sacar "vantaxe" da situación xeográfica de Galicia

Os aeroportos de Santiago e Vigo rexistraron en setembro ao redor dun 7% menos de viaxeiros, mentres que a baixada no da Coruña foi dun 1,4%

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2025 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

A situación xeográfica de Galicia, ao carón do Atlántico e moi ben situada para voos trasoceánicos pode ser unha "vantaxe" de cara a que os seus aeroportos sexan a porta de entrada a compañías aéreas e viaxeiros do outro lado do Oceáno. É unha das suxerencias que este luns fixo o presidente da Xunta ao ser preguntado pola información publicada no Galicia Confidencial que apunta que, a pesar de ter taxas aeroportuarias menores as de Portugal, as terminais do Porto acaban roubándolle numerosos viaxeiros a Galicias con prezos máis competitivos.

Arquivo - Avión de United Airlines. David de Haro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Avión de United Airlines. David de Haro - Europa Press - Arquivo

"O que hai que tentar facer é unha coordinación --entre Xunta e Goberno central--. Temos unha situación xeográfica que pode ser unha vantaxe para algunhas cousas ou, desvantaxe, para outras, pero o que precisamos é coordinación", dixo Alfonso Rueda ao ser preguntado na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. E é que, a pesar de ter unhas das taxas aeroportuarias máis baixas do Estado, Galicia afronta billetes máis caros ca Portugal. A falta de competencia entre aeroliñas, a fragmentación en tres aeroportos e a marcha de Ryanair deixan ao país nunha posición feble fronte a Oporto, que ofrece máis rutas e prezos máis competitivos.

Ademais de coordinación, Rueda cre que hai que cambiar a política de subvencións a aerolíneas e adoptar outras medidas, como a promoción de destinos. De feito, atribuiu o novo voo de United Airlines de Nova York a Santiago, a esta política de "promoción de Galicia grazas ao Camiño de Santiago". "Ese é un camiño e o outro é o da coordinación", sinalou. Con todo, tamén sinalou que a posición "periférica" dos aeroportos de Galicia é un problema, igual que ter tres para unha poboación de menos de tres millóns, fronte aos tres de Portugal para unha poboación de case dez. 

XUNTANZA CON AENA

Con todo, o presidente galego criticou que con Aena non se chegou aínda a ningún acordo. "Nós insitimos en que Xunta e os concellos temos que estar --nesa política de coordinación de voos- pero quen ten as competencias ten que estar desde o principio e coordinar esta política aeroportuaria", dixo. E engadiu; "e eu díxenlle a Puentes de non confrontar con Aena, senón de coordinarnos e reverter esa saída de voos para a chegada de novas conexións". En todo caso, anunciou que se reunirá a próxima semana co presidente de Aena, Maurici Lucena, para abordar a coordinación do tres aeroportos galegos.

Arquivo - Un avión de Air Nostrum no aeroporto de Andorra-a Seu.. GOVERN D'ANDORRA - Arquivo
Arquivo - Un avión de Air Nostrum no aeroporto de Andorra-a Seu.. GOVERN D'ANDORRA - Arquivo

MENOS PASAXEIROS EN SETEMBRO

Por outra banda, os aeroportos da rede de Aena en España pecharon o mes de setembro con máis de 30,4 millóns de pasaxeiros, o que supón un aumento do 2,5% con respecto ao mesmo mes do ano anterior e é o mellor mes de setembro en canto ao número de pasaxeiros da serie histórica.

No que respecta aos aeroportos galegos, o de Santiago-Rosalía de Castro lidera a relación, ao pechar o mes con 303.244 pasaxeiros, un 7,3% menos que en setembro de 2024, mentres que se operaron 2.386 voos, un 1,4% máis que o mesmo mes do ano pasado. Pola súa banda, a terminal de carga do aeroporto moveu preto de 340 toneladas de mercadorías.

No cómputo do nove primeiros meses do ano, Lavacolla contabilizou un total de 2.506.204 pasaxeiros, un 12,2% menos que no mesmo período de 2024, dos cales 2.496.969 voaron en voos comerciais (2.021.215 en voos con orixe ou destino nacional e 475.754 internacionais).

Pola súa banda, o aeroporto da Coruña contabilizou o pasado mes de setembro un total de 108.743 pasaxeiros, un 1,4% menos que en setembro de 2024. Dos pasaxeiros de voos comerciais (108.573), 96.496 realizaron traxectos nacionais e 12.077, internacionais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta