Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2025 | Actualizada ás 13:38
Representantes do BNG do municipio ourensán de Amoeiro denunciaron a "inesperada" prohibición para celebrar na Casa Museo de Otero Pedrayo un acto en homenaxe a Castelao "a 72 horas" do evento o pasado domingo.
Segundo trasladou, nunha comparecencia ante os medios, o responsable local do BNG en Amoeiro, Marcos Branco, o partido solicitara permiso na sede da Fundación o pasado 14 de maio a través do correo oficial, recibindo confirmación o 29 dese mesmo mes. Con todo, "a 72 horas" de celebrar o acto, Branco recibiu unha chamada "fría, tardía e tallante" da Fundación na que informaban de que non era posible celebrar alí o acto "porque se trataba dun evento dun grupo político".
Marcos Blanco trasladou a sorpresa pola decisión en base ao feito de que "noutras ocasións si se celebraron actos relacionados con partidos políticos". "Cónstanos que en abril de 2017 Novas Xeracións do PP celebraron alí un acto homenaxeando a Otero Pedrayo", lamentou.
Nesta liña, nacionalistas reclaman que Deputación de Ourense e Concello de Amoeiro trasladen "que opinan" sobre a dita prohibición e se teñen constancia de que "alguén que ten que ver ou non" con estas administracións "prohibiu e censurou un acto no que se fala dun personaxe político que todo o mundo coñece e que forma parte da cultura" de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.