A igualdade de xénero entre o colectivo xitano recibirá medidas de "atención e apoio" mediante un convenio

"A comunidade xitana está a cambiar a pasos máis acelerados desde que a muller decidiu mostrar o que xa mandaba, pero ese era un mandato máis oculto" din desde a Fundación Secretariado Xitano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2019 | Actualizada ás 16:49

Comparte esta noticia

A Secretaría Xeral de Igualdade e a Fundación Secretariado Xitano asinaron este venres un convenio de colaboración para "impulsar a igualdade de oportunidades e de xénero" na comunidade xitana, a través de medidas de "atención e apoio" enmarcadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, segundo explicou A Xunta.

Ao acto acudiu o presidente da Fundación Secretariado Xitano, Pedro Puente Fernández, a súa directora territorial, Eva Vera Ledo, e a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella.

Vera sinalou que as mulleres "son moi importantes para o cambio social que se está producindo", e no caso das xitanas asegurou que sofren "dobre discriminación". Neste sentido, explicou que o programa permite realizar actuacións en tres ámbitos: a atención e o apoio ás mulleres, a adecuación de servizos e recursos, a sensibilización sobre igualdade de xénero e a prevención da violencia da comunidade xitana.

Na súa intervención, Puente indicou que "a comunidade xitana está a cambiar a pasos máis acelerados desde que a muller decidiu mostrar o que xa mandaba, pero ese era un mandato máis oculto". Con todo, sinalou que en España, "existe aínda os malos tratos sociais cara ao colectivo".

Para pechar o acto, Abella sinalou a importancia do programa para que a comunidade xitana teña "referentes" tanto no ámbito feminino como masculino, e concluíu que "hai que seguir traballando dunha maneira máis profunda".

A Xunta asina un convenio con Fundación Secretariado Xitano. A Xunta
A Xunta asina un convenio con Fundación Secretariado Xitano. A Xunta | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta