Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/09/2019 | Actualizada ás 10:44
Unha fronte fría pouco activa rozará o norte de Galicia durante a xornada deste domingo, de forma que os ceos estarán moi nubrados pola mañá, con choivas débiles e intermitentes, máis probables na metade norte.
A medida que avance a xornada as nubes irán desaparecendo e pola tarde poderán abrirse grandes claros.
As temperaturas terán un descenso xeneralizado, e os ventos tomarán un compoñente norte e na segunda metade do día alcanzarán intervalos de moderados.
Temperaturas extremas previstas nas cidades son A Coruña 15º 20°, Ferrol 14° 21°, Lugo 13° 19°, Ourense 15° 26°, Pontevedra 15° 25°, Santiago de Compostela 14° 21°, Vigo 14° 26°
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.