Arde unha locomotora nunha nave ao carón da estación de tren de Baños de Molgas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2019 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

Unha locomotora está a arder nunha nave situada á beira da estación de tren do municipio ourensán de Baños de Molgas e os servizos de emerxencias seguen traballando a esta hora para extinguir o lume.

O 112 Galicia informou do sucedido na tarde deste domingo e comunicou que non constan danos persoais porque a máquina non se atopaba en funcionamento.

A alerta por lume foi trasladada ao 112 Galicia grazas á chamada dun particular, que ao fío das 18,00 horas chamou aos servizos de emerxencias para indicar que vía saír fume do interior dunha nave que se atopa á beira da estación de tren desta localidade.

A partir dese momento, os xestores de emerxencias avisaron de inmediato aos Bombeiros de San Cibrao e aos membros do GES de Pereiro de Aguiar, en Ourense. Do mesmo xeito, deron conta dos feitos á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil de Molgas.

Tamén foron avisados os técnicos de ADIF Emerxencias, que tras indicar que se procedía a extinguir as chamas, confirmaron que o incidente non afectaba á circulación de trens, ao atoparse en vías sen circulación.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Consorcio Provincial de Bombeiros de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta