Ryanair enfróntase á súa segunda xornada de folga con dous voo cancelados en Galicia

USO e Sitcpla denuncian o peche das bases de Tenerife Sur, Gran Canaria, Lanzarote e Xirona.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/09/2019 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

Ryanair enfróntase este luns á segunda do dez xornadas de folga convocadas polos sindicatos USO e Sitcpla para os tripulantes de cabina (TCP) da aerolínea contra o peche o próximo xaneiro das bases de Tenerife Sur, Gran Canaria, Lanzarote e Xirona.

A compañía anunciou a cancelación de oito voos este 2 de setembro, que, en concreto e segundo rexistraron nun buscador na súa páxina web, fan as rutas Barcelona-Sevilla, Barcelona-Milán Bérgamo, Barcelona-Roma Fiumicino e Madrid-Santiago de Compostela, así como os de volta.

Durante o pasado domingo, primeiro día de folga, a compañía cancelou seis voos que non estaban suxeitos a servizos mínimos e que cubrían as rutas Barelona-Milán Bérgamo, Barcelona-Sevilla e Madrid-Santiago de Compostela, ademais dos de volta. Ademais, segundo informa USO, Ryanair cancelou unha conexión máis entre Sevilla e Barcelona, alegando como causa a folga, "antes de que a tripulación tivese hora de chegada no aeroporto e non puidesen saber sequera se os traballadores ían presentarse".

CONCENTRACIÓNS CONTRA OS SERVIZOS MÍNIMOS

Para a folga, convocada para os días 1, 2, 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de setembro, Fomento fixou uns servizos mínimos cos que Ryanair está obrigada a garantir o 100% dos voos non peninsulares, o 60% dos peninsulares e internacionais con desprazamento igual ou superior a cinco horas e o 35% dos voos peninsulares con tempo de desprazamento inferior a cinco horas.

Os sindicatos catalogaron estes servizos mínimos de "abusivos" e criticaron que o Goberno se "poña de perfil", motivo polo que este martes convocaron aos traballadores de Ryanair fronte ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social para protestar.

Avión
Avión | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta