"Eu nunca iría a Botswana a matar elefantes"

O líder do PSdeG critica o Safari do monarca español no país africano.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/04/2012 | Actualizada ás 23:01

Comparte esta noticia

 Contrariamente á postura oficial do seu partido, que oficialmente prefire non pronunciarse sobre a presencia do rei español en Bostwana para participar nun safari de caza de elefantes, o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, foi claro e contundente na súa crítica a actitude do monarca español.

None

 

"Se eu fose rei, nunca me iría de caza a Botswana a matar elefantes. Con iso, xa o digo todo", dixo nunha entrevista na emisora Onda Cero.

 

Cuestionamente á Casa Real

 

Deste xeito, cuestionou a viaxe do Rei a Botswana para deixar claro que se el portase a Coroa Española "nunca se iría de caza·.

 

En todo caso, suliñou que "o sistema é o que é" e incidiu nas críticas á viaxe real;"non creo que ningún español entenda que esa actitude é positiva".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

3 Doutorando

Demagoxia de Pachi tentando aproveitar o malestar xeral co monarca... Aínda que non vou votar ao PSOE nas proximas elección, gustaríame ver a outro candidato socialista e non ao cacique do Carballiño

2 SAR Pachi el Acosador

Aponta alto o homem... Agora quer candidatar-se a Rei!

1 lagarteiro

Home non! Non facer nada e que che paguen... chámalle burro ao cabalo!

1 Rayleigh

Home, xente de GC. Menudo pau ó PsdeG!! Coa que está caíndo, e sacades as declaracións chorras do Pachi sobre Botsuana!? Ou unha de dúas: ou sacádelo para que non se note moito que o PSdeG ocultádelo por algunha razón (por que atopar unha nova sobre o PSdeG, por aquí, é ben difícil. En cambio, case sabemos a cor dos calzóns de Beiras). Ou ben para amosar que este Pachi é encefalograma plano. Quizais sexa eu, pero a min paréceme que os políticos, sobre todo os do PPSOE, teñen o cerebro reblandecido e fan declaracións deste tipo que non teñen sentido ningún.

1 Ramiriño

E que no PSOE case non hai monárquicos nin nada!!!