Arteixo acolle durante este xoves o torneo solidario "Non estamos soas" contra o cancro

As competicións serán de pádel e tenis con categorías femininas, masculinas e mixtas e dentro do squash será dúas categorías.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/09/2019 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

O municipio de Arteixo acolle este xoves o torneo solidario 'Non estamos soas', cuxos beneficios se doarán á Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro.

Segundo informa a organización, trátase dun torneo que se dividirá, no caso do pádel, en catro categorías masculinas, outras tantas femininas, catro mixtas e unha de empresa, mentres no apartado de squash disputaranse dúas categorías.

No caso do tenis, que por quinto ano consecutivo ofrece unha competición para xogadores federados, inclúe categorías masculina e feminina para todas as idades: benjamín, alevín, infantil, junior, absoluto e veteranos de máis de 35 anos. Tamén disporá da modalidade de Open mixto e dobres non federados.

Detección cancro de mama. HM DELFOS - Arquivo
Detección cancro de mama. HM DELFOS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta