As alertas por ictus superan as 2.400 en Galicia en 2023

Con 491 fibrinólisis e 468 trombectomías.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2024 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

As alertas por ictus no Sergas alcanzaron un total de 2.409 en 2023, con 491 fibrinólisis e 468 trombectomías. Diso informou o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, durante a inauguración da XXXVII Reunión anual da Sociedade Galega de Neuroloxía, onde deu datos sobre o número de códigos ictus.

No acto tamén participou a xerente da área sanitaria de Santiago, Eloína Núñez, e o presidente da Sociedade Galega de Neuroloxía, José María Prieto. Tras pór en valor a presentación, en decembro de 2023, do proceso asistencial integrado en dano cerebral adquirido, o conselleiro enxalzou que a neuroloxía galega é de gran excelencia no conxunto do Estado.

Imaxe de arquivo dun ictus
Imaxe de arquivo dun ictus | Fonte: STOCKDEVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta