GC Aberto

As familias lograron que a Xunta garanta as escolas infantís de Narón

Pese a que a conselleira Mato se mofou das peticións das familias, a presión social conseguiu o compromiso polo mantemento das escolas. A Xunta achegará xunto co Concello o 67 por cento do orzamento, e as familia o 33 restante.

Por nonsei | GC ABERTO | 28/04/2012

Comparte esta noticia

Galiza co Galego expresa a súa satisfacción polo acordo alcanzado entre as administracións, Xunta e Concello para mantemento das escolas públicas infantís municipais do Concello de Narón, que na actualidade están en funcionamento.

É de xustiza que a Xunta de Galicia participe como administración principal nos orzamentos das escolas infantís, e que en dereito debe garantir.

Foron as familias quen principalmente conseguiron que a razón e a xustiza prevaleceran, polo que Galiza co Galego manifesta o seu agradecemento pola súa determinación e a súa defensa do dereito á educación.

Galiza co Galego queda a disposición das familias e do Concello de Narón ao fin de buscar unha solución que permita o funcionamento da nova escola infantil de Xuvia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta