GC Aberto

Novo peche informativo

En Democracia o poder da Prensa non é un simple Negocio Privado...

Por Gamela | GC ABERTO | 29/02/2024

Comparte esta noticia
Nunca víramos tal peche informativo en democracia. Resulta que cando máis descontrol existe nas RR.SS. onde pululan noticias falsas e bulos interesados é xusto o momento en que as Empresas Informativas deciden pechar o acceso á información se os usuarios non aceptamos cookies que venden a Terceiros contra o noso dereito á privacidade e a unha navegación segura tal e como lexisla o Parlamento Europeo.

A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos
A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos

De que serve ter leis de protección de datos cando tódalas empresas xornalísticas entran en tromba pechando o acceso mediante muros de pago e/ou aceptación incondicional de cookies para vender os nosos datos de navegación a empresas que nin siquera sabemos como van manexar eses datos nin dende que paises o farán.

É incríble que a AVARICIA teña un rostro tan pouco democrático: prefiren una cidadanía desinformada e seguir gañando diñeiro a costa da privacidade dos lectores.

Alguén debera falar sobre este asunto, en lugar de dar por boa esta extorsión organizada polas Empresas Informativas.

Deberamos considerar que moitos Medios reciben inxentes cantidades de diñeiro público para tratar temas de interese turístico, cultural etc. e resulta evidente que se alzan muros de pago e/ou obrigan a aceptar cookies de Terceiros, non están a cumprir o obxectivo das subvencións recibidas, e polo tanto deberan DEVOLVELAS de INMEDIATO se non queren incurrir en fraude á Administración cando insire publicidade e outros reportaxes coa intención de chegar á cidadanía. 

¿Cando a cidadanía queda fóra para que pagar? 

Entendemos que nun país medianamente civilizado este tema estaría na mesa da Fiscalía ou camiño dos Tribunais para que decidiran se a Prensa (en democracia) é un Servizo Público (que ampara un dereito básico á información) ou se a Prensa do Século XXI ten dereito a ser un simple negocio privado ?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Ante o anuncio do Presidente do Goberno Progresista de que este verán imos ter unha batería de medidas para favorecer a Rexeneración Democrática, gostaríanos propoñer que só naqueles medios que permitan rechazar cookies e seguir lendo libremente só nestes medios se permitirá inserir propaganda institucional. O resto de medios xa teñen abondo con vender os datos de navegación dos seus lectores e/ou coas suscripcións obrigatorias para acceder á Información (entendida coma Servizo Público Básico)

1 Gamela

Cando os Medios solicitan axudas económicas para difundir noticias sobre o territorio, a cultura do país. todo dios entende que son Medios de Comunicación Social e por iso reciben cantidades enormes de xeito directo e indirectamente vía Publicidade Institucional. Pero cando a avaricia non ten límites, os Medios non contentos con recibir fondos públicos tamén queren extorsionar aos lectores: ou aceptas cookies que venderán os teus datos de navegación ou pagas unha suscrición ao xornal. A Unión Europea ampara a protección dos usuarios e o dereito a unha Navegación Segura e Libre de Publicidade. Pero agora os Medios decidiron que eles poden establecer as condicións de navegación mediante Muros de Pago ou vendendo a Terceiros os nosos datos de navegación. Se foran honrados pecharían a porta e só venderían información aos consumidores de pago. Pero eso resultaría moi perigoso e prefiren explotar a ignoracia da xente para facer negocios.