Temas: 112 061 ACCIDENTE

Dous feridos nunha colisión múltiple no periférico de Santiago

Un home de 86 anos faleceu este mércores mentres se atopaba nas instalacións da piscina municipal de Marín.Un home foi trasladado a un hospital polo helicóptero de Urxencias Sanitarias 061 tras resultar ferido ao pasarlle por encima o tractor que conducía en Entrimo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2019 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas este mércores en Santiago de Compostela nunha colisión múltiple con tres coches implicados, nun accidente ocorrido no periférico, na SC-20, no punto quilométrico 6,700.

Segundo informa o 112, a Garda Civil de Tráfico avisou do accidente ás 14,35 horas. Foron alertados, entre outros, o 061, Policía Local e bombeiros. Os dous feridos foron trasladados a un centro hospitalario. Por outra banda, unha colisión entre dous turismos en Vigo provocou a excarceración dunha muller. O accidente tivo lugar no punto quilométrico 8, da PO-331, uns minutos antes das 14,20 horas.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

TRASLADO EN HELICÓPTERO EN OURENSE

Un home foi trasladado a un hospital polo helicóptero de Urxencias Sanitarias 061 tras resultar ferido ao pasarlle por encima o tractor que conducía en Entrimo. Segundo informa o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 13,20 horas deste mércores no lugar das Quintáns, na parroquia de Galez.

O home resultou ferido de consideración, polo que Urxencias Sanitarias decidiu mobilizar ao helicóptero medicalizado con base con base en Ourense para proceder ao seu traslado a un centro hospitalario. Ata o lugar do incidente tamén acudiron membros de Protección Civil, Garda Civil e o GES de Lobios para dar apoio durante a toma de terra da aeronave

MORTO EN MARÍN

Un home de 86 anos, J.F.F., faleceu este mércores mentres se atopaba nas instalacións da piscina municipal de Marín. Segundo confirmaron fontes do 061 o servizo sanitario foi contactado ao redor das 08,30 horas tras percibirse que un home que se atopaba nas instalacións podería estar a sufrir unha parada cardiorrespiratoria.

Posteriormente, o 061 mobilizou unha ambulancia medicalizada con base en Pontevedra e a ambulancia asistencial de Marín. Finalmente, á súa chegada ás instalacións municipais, os médicos confirmaron o falecemento do home.

Temas: 112 061 ACCIDENTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta