Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2019 | Actualizada ás 15:03
O Goberno galego deu luz verde este xoves ao plan de albergues do Camiño de Santiago deseñado ata o próximo ano 2021 e que contará cun investimento de 7 millóns de euros para construír oito novos ampliando a rede pública, que suma unhas 3.800 prazas na comunidade.
Dos novos albergues previstos, o xefe do Executivo explicou que cinco deles xa están en fase de proxecto construír e destacou que o obxectivo é, se é posible, reformar e rehabilitar para dar este uso a edificios singulares.
Así mesmo, investirase en "melloras" dos albergues, por exemplo na procura de dotalos de maior eficiencia enerxética. Igualmente, Feijóo destacou outras medidas en marcha como a de tentar "facilitar un Camiño inclusivo", de forma que persoas con discapacidade poidan reservar a súa praza.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.