Feijóo presume de estabilidade política: “Aquí temos un goberno para os próximos doce meses”

Descarta, a priori, un adianto electoral en Galicia e rexeita que a inestabilidade política de Madrid se poida trasladar a Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/09/2019 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

O presidente galego e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, volveu a presumir este xoves da estabilidade que rexe en Galicia e rexeitou que a falta de Goberno a nivel estatal poida ser trasladada a Galicia. "Ningún español sabe o que vai pasar en España nos próximos doce días", situación que contrastou coa de Galicia, "onde temos un Goberno para os próximos doce meses", insistiu ao rexeitar calquera tipo de adianto electoral en Galicia.

Feijóo nun acto electoral
Feijóo nun acto electoral | Fonte: EP

"Esta é a gran diferenza entre un Goberno que cre na estabilidade e outro que no que cre simplemente é no currículo persoal do seu máximo dirixente", espetou Feijóo na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno.

Nesa liña e consultado polas próximas eleccións galegas despois de que no acto de inicio de curso político en Cercededo-Cotobade o líder do PP, Pablo Casado, lle pedise que concorrese á reelección, volveu a incidir en que ese é un asunto que polo momento non toca abordar. "Agradecer as palabras ao presidente Casado; sinceramente, fíxeno en privado e agora en público"; pero "o que teñamos que dicir dirémolo cando o teñamos que dicir" que será no primeiro trimestre do próximo ano, resolveu. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta