Amancio Ortega segue financiando os servizos públicos galegos

A súa fundación financiará con 90 millóns as sete residencias de maiores da Xunta, a "maior doazón" da súa historia á Xunta. O PPdeG saúda a medida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2019 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

A Fundación Amancio Ortega financiará con 90 millóns de euros a construción das sete residencias proxectadas pola Xunta nas principais cidades da comunidade e que, en total, sumarán 900 novas prazas para a rede pública de Galicia.

Así o ratificaron este venres coa firma dun convenio de colaboración en Santiago de Compostela, nun acto no que participaron a vicepresidenta primeira da Fundación, Flora Pérez Marcote, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Política Social, Fabiola García.

Tras a firma do convenio, Núñez Feijóo destacou ante os presentes que "o servizo público" está en "todas as capas" da sociedade galega e subliñou que con esta "doazón" desméntese " a esa minoría que afirma que as empresas non invisten no ámbito social", co fin de "enrocarse no falso mito dun sector privado inhumano".

Na mesma liña, o presidente destacou que "a chave do futuro está na colaboración leal entre o sector público e o sector privado". Fontes da fundación Amancio Ortega ratificaron a Europa Press que esta constitúe a maior "doazón" que a entidade realiza á Xunta de Galicia en toda a súa historia.

Amancio Ortega, con 81 anos, deixa todos os cargos en Inditex.
Amancio Ortega, con 81 anos, deixa todos os cargos en Inditex. | Fonte: @TVGalicia

PPdeG

Pola súa banda, o secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, agradeceu este venres á Fundación Amancio Ortega a súa "xenerosidade" e "compromiso social". Nunha rolda de prensa celebrada no Parlamento autonómico, o número dous dos populares galegos felicitou tamén á Xunta "por conseguir este mecenado", fronte a "sectarismos" practicados --dixo-- pola esquerda, "que ao final non redundan na mellora da calidade de vida dos galegos".

"Esta achega de Amancio Ortega de 90 millóns de euros vai permitir liberar eses fondos --xa consignados nos orzamentos autonómicos de 2019-- e dedicalos a outros fins tamén de ámbito social. Por tanto, estamos ante unha dobre boa noticia", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

8 Regalos de Tres Estalos

Lemos comentarios de xente pouco informada ou moi uniformada polo neoliberalismo, até con certo tufo fascista cando atacan aos políticos (a caste política actual é trepadora e vividora, mais está nas nosas mans mudala, chámase democracia). Non acusan, como deberían, aos mesmos políticos en complicidade necesaria coas antigas Sicavs de Amancio, da súa filla Sandra, e coa evasión de impostos e cos paraisos fiscais.

1 Gamela

No caso de que Amancio Ortega fose un defraudador habería que levalo ante a xustiza e cobrar os impostos evadidos en paraídos fiscais (?) Ata hoxe non vín a ningún político rexistrar esta moción ou visitar á Fiscalía Anticorrupción ? E no caso de facelo mira o que se tarda en cobrar 6 millóns (20 anos) https://elpais.com/ccaa/2019/09/15/... Eu case prefiro cobrar en especie hoxe que agardar 50 anos para recuperar o Pazo de Meirás (?) É unha cuestión de URXENCIA SOCIAL (a política é outra historia!)

7 Antoine

máis unha proba de que o €$tado é un organismo de dominación de clase: ó servizo do Kapital. pagaremoslle dos nosos cartos (o fisco só recauda de nós, quenes menos temos) empobrecéndonos, i enriquecendo aínda máis ó Kapital (kapitalistas, empresarias e, no caso, multinacionais

1 AsContasDaVelha

O Estado recada basicamemte das classes medias porque é ai onde se atopa o grande botim, já que a gram maioria da poboaçom se atopa nessa franja. As grandes fortunas, ainda que nos mareem ao comum dos mortais coas suas cifras astronómicas, som poucas e polo tanto ao repartir tocamos a pouco. Pom-te no caso dum Messi ou um Cristiano, que nom som empresários pero si cobram umha animalada. Se um deles cobra 40 milhons de euros, por exemplo, em impostos deveria pagar umha cantidade cercana aos 20. Qual é o problema? Que ainda que os pague, se nom fai trampas para escapar às suas obrigas, essa cantidade repartida entre 50 milhons de habitantes do Estado espanhol supom uns 40 céntimos por persoa. De onde vém o gordo é da maioria da sociedade, porque ainda que cobre moitíssimo menos, está composta por milhons e milhons de persoas.

6 Frijol

Caridade lava-imaxe marca "marketing". Estes cartos son para o Ortega coma se eu lle dou un céntimo de euro ó meu concello. Os neoliberais aplaudirano cas orellas e os calumnistas dos media venderano coma home do ano e galego exemplar. Das condeas a Zara en Brasil, Bangladesh, etc, por esclavismo, da súa mao pra exterminar á competencia galega no sector, das súas evasións fiscais e inxeñería financiera ninguén falará. O público desasrtéllase e ven iste mecenas a demostrar que só o ultaneoliberalismo pode salvarnos... Non lle compro a moto, Amancio.

1 Rui do

A realidade é que Ortegaarranxou a vida de moita xente con isto e ninguén lle obriga a facelo. Ti que fas aparte de queixarche?

2 urco

A realidade é que Ortega safa de contribuir o que devera, de viver num país com fiscalidade justa e progressiva, como podam ser os escandinavos, e por riba fai mercadotécnia com esmolas. Ti que fas pra corrigi-lo além de lhe rir as brincadeiras ao amo?

3 Rui do

Mirade, lacaios da U. A diferenza é moi sinxela: se non me gusta a roupa de Zara non a compro, ninguén me obriga e o meu diñeiro non vai para Amancio. En cambio, considero inmoral o soldo de Pontona, Núñez Feijoo, Ana Miranda ou Eva Solla e a lei obrígame a pagarllo aínda que non queira.

4 urco

Que defendam o darwinismo social e o liberalismo ácrata os detentadores de fortunas em paraísos fiscais ainda se entende. Que o fagam moinantes com ínfulas, dá peninha.

5 Xian do Sil

El problema de España, y de Galicia, es que hay muy poca gente como Amancio Ortega. No digo que todo lo haga bien, pero a ver cuantos hay capaces de crear miles de puestos de trabajo y de donar semejantes cantidades de dinero para el bien común. Sin embargo nos sobran Pontonas, Pacorros, marqueses de Galapagar o personajes como Eva Solla, con la boca llena de demagogia izquierdista pero que cobran más de 98.000 euros de sueldo procedentes de los impuestos a los trabajadores sin que les caiga la cara de vergüenza.

1 Bendito Chiringuito

Se todos fosemos amancios, estimado servo agradecido, non habería traballadores --aquí nin no terceiro mundo-- que explotar para enriquecernos. Ademáis, tampouco vestiriamos roupa de pésima calidade, pois teriamos recursos e bon gusto. Afundiríase o negocio, até o da caridade, pois sendo ricos non precisaríamos paternalismo. E xa non digamos desgravar por actos benéficos, pois sendo tan afortunados todos podemos suprimir os impostos... Abofé, neste país ser subordinados fai felices algúns (contemplando as riquezas dos señoritos desde fóra do valado).

2 Gamela

900 persoas pasarán de estar fóra do valado a ter servizos integrais, se os "servos afortunados" non estregan a operación (?) Isto sabemos todos que nin é caridade nin é gratis, pero alomenos veremos crear e manter 900 prazas! Os parlametarios do Hórreo son 75 e o único que fixeron ata hoxe é COBRAR e levar os nosos cartos para os seus petos! ¿Algo máis? https://youtu.be/bRdxVyApHzM

3 Bendito Chiringuito

Bravo pola compaixón, mágoa que para crear 900 prazas --sustentalas é outra cousa (dos servos)-- foron miles as galegas que perderon os dereitos ( https://www.elsaltodiario.com/indit... ), e son moitos miles de escravos polo mundo ( https://www.elconfidencial.com/espa... ). Eu pensei que os da esquerda non querían presumir de calidade de vida a conta da explotación de terceiros, que diferencian caridade de xustiza social... E iso non se desculpa cos parásitos da política profesional galega, pois tales fardantes non fan mellor os mecenas do capitalismo neoliberal. O 'sálvese quen poda' da falsa esquerda é o que ti aplicas a uns poucos maiores escollidos, logo es igual que os que tanto criticas.

4 Rui do

Xustiza social é pagar con impostos pola forza a mitade do que gaño traballando 55 horas semanais para manter políticos con soldos siderais, enchufados dos partidos en concellos e deputacións, liberados da CIG e da UGT e funcionarios lendo o periódico? Istos son os nosos explotadores.

5 Regalos de Tres Estalos

Xustiza social": Todas las sociedades de Inditex en parasisos fiscales https://galicia.economiadigital.es/... Inditex\Zara no es una marca española https://www.elsaltodiario.com/indit... Inditex eludió impuestos gracias a su ingeniería fiscal https://www.lavanguardia.com/econom... Los 300 millones donados por Amancio Ortega son la mitad de los eludidos en impuestos por Inditex en cuatro años https://diario16.com/los-300-millon... Inditex esquivó 600 millones en impuestos https://www.publico.es/economia/ind... Que o Rui-do non tape a verdade!!!

4 ksgsga

Di Maquiavelo no Príncipe que non se debe ningunha batalla que non se poida gañar. Tanto a P"SOE" --que sempre se esquece-- como Podemos están en contra destas doazóns e esquecen a Maquiavelo, aínda que cando os autodenominados socialistas están no poder, ben que collen os cartos. Despois pasa o que sucedeu en Sanlúcar de Barrameda: o alcalde, independente, Vox e PP vanlle adicar unha rúa a Ortega, co voto en contra de Adelante Andalucia (Podemos) e P"SOE". E isto o di quen procura manterse lonxe dos empregados de Inditex, ben coñecidos na Coruña polo seu divismo, que aguantan outros.