Amancio Ortega segue financiando os servizos públicos galegos

A súa fundación financiará con 90 millóns as sete residencias de maiores da Xunta, a "maior doazón" da súa historia á Xunta. O PPdeG saúda a medida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2019 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

A Fundación Amancio Ortega financiará con 90 millóns de euros a construción das sete residencias proxectadas pola Xunta nas principais cidades da comunidade e que, en total, sumarán 900 novas prazas para a rede pública de Galicia.

Así o ratificaron este venres coa firma dun convenio de colaboración en Santiago de Compostela, nun acto no que participaron a vicepresidenta primeira da Fundación, Flora Pérez Marcote, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Política Social, Fabiola García.

Tras a firma do convenio, Núñez Feijóo destacou ante os presentes que "o servizo público" está en "todas as capas" da sociedade galega e subliñou que con esta "doazón" desméntese " a esa minoría que afirma que as empresas non invisten no ámbito social", co fin de "enrocarse no falso mito dun sector privado inhumano".

Na mesma liña, o presidente destacou que "a chave do futuro está na colaboración leal entre o sector público e o sector privado". Fontes da fundación Amancio Ortega ratificaron a Europa Press que esta constitúe a maior "doazón" que a entidade realiza á Xunta de Galicia en toda a súa historia.

Amancio Ortega, con 81 anos, deixa todos os cargos en Inditex.
Amancio Ortega, con 81 anos, deixa todos os cargos en Inditex. | Fonte: @TVGalicia

PPdeG

Pola súa banda, o secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, agradeceu este venres á Fundación Amancio Ortega a súa "xenerosidade" e "compromiso social". Nunha rolda de prensa celebrada no Parlamento autonómico, o número dous dos populares galegos felicitou tamén á Xunta "por conseguir este mecenado", fronte a "sectarismos" practicados --dixo-- pola esquerda, "que ao final non redundan na mellora da calidade de vida dos galegos".

"Esta achega de Amancio Ortega de 90 millóns de euros vai permitir liberar eses fondos --xa consignados nos orzamentos autonómicos de 2019-- e dedicalos a outros fins tamén de ámbito social. Por tanto, estamos ante unha dobre boa noticia", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

3 Sentidiño

Benvida sexa esta "doazón", que non "inversión". Feixóo confunde as dúas cousas: debería volver á facultade...

2 Manu2

Benvidos sexan estes cartos. Aínda que o certo é que son un síntoma de que as cousas non funcionan ben. Volvemos aos tempos pasados onde temos que depender da vontade dos mecenas, o estado xa non é que de garantir os servizos públicos. Outra cousa: Haberá cartos para dotar de persoal a estes centros?

1 Gamela

Mentres os críticos co sector privado viven en Galapagar e non son quen de formar un "goberno de progreso" (?) Amancio pon 90 M enriba da mesa para atender as necesidades dos nosos maiores... Alguén dá máis? Antes de escribir o de sempre, ciciais fora boa cousa facer autocrítica! https://i.gal/gamela15 e en clave galega https://i.gal/gamela05 Non esquecer que EU xa está a confeccionar as listas para as autonómicas de 2020! Eses que nunca están dacordo coa inicitiava privada pero que viven do público a fartar!