A Universidade de Santiago abre dous expedientes por casos de novatadas nun colexio maior

Ambos os episodios ocorreron no colexio maior Fonseca.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2019 | Actualizada ás 21:23

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) acordou abrir dous expedientes sancionadores por senllos casos de novatadas acontecidos nun colexio maior da capital galega ao longo desta semana, a primeira do curso universitario 2019/20.

Fonseca e San Xerome (USC).
Fonseca e San Xerome (USC).

Segundo confirmaron fontes da institución, un dos expedientes procede dunha denuncia efectuada por un estudante, mentres que no outro caso foi a propia universidade quen actuou de oficio.

Ambos os episodios ocorreron no colexio maior Fonseca, situado no Campus Sur. A universidade determinará agora as sancións a aplicar aos implicados nas novatadas, que poderían ser expulsados do Servizo Universitario de Residencias.

Fontes da USC inciden en que a institución compostelá ten unha política de "tolencia cero" coas novatadas propias do inicio de curso.

De feito, a USC conta cun protocolo de prevención destes episodios e o alumnado que se aloxa nas residencias públicas recibe ao comezo de curso unha advertencia de que este tipo de actitudes están prohibidas e poden carrexar sancións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta