Denuncian os riscos que implicaría o "insensato" proxecto de reapertura da mina de cobre en Touro e O Pino

A plataforma veciñal 'Mina Touro O Pino NON' centra o foco na ameaza que suporía no consumo de auga, "pola presión que a mina tería sobre os caudais dos ríos que abastecen a poboación".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2019 | Actualizada ás 17:09

Comparte esta noticia

A plataforma veciñal 'Mina Touro O Pino NON' alertou dos riscos que implicaría o desenvolvemento do "insensato" proxecto de reapertura dunha mina de cobre no territorio dos concellos coruñeses de Touro e O Pino.

Mina en Touro.
Mina en Touro.

En concreto, a asociación centrou o foco na ameaza que suporía esta obra no consumo de auga, "pola presión que a mina tería sobre os caudais dos ríos que abastecen a poboación".

Destacan que a situación climatolóxica existente desde o pasado 6 de setembro —data na que o alcalde de Touro, Ignacio Codesido— "alertaba de dificultades para garantir o abastecemento de auga para consumo".

Desta forma 'Mina Touro O Pino NON' denunciou que existen "prohibicións de usar a auga para segundo que fins cando a mina aínda non está aberta".

Con esta premisa, expoñen a existencia de "moitos interrogantes, como ata que punto estaría garantido o abastecemento en caso de abrir".

Neste escenario de baixada de precipitacións e suba de temperaturas, a veciñanza de Touro e O Pino garantiu estar á espera de que a Xunta emita a Declaración de Impacto Ambiental sobre o proxecto de reapertura da mina de cobre.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta