Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2019 | Actualizada ás 17:38
A asociación animalista Libera propuxo incluír veterinarios nas brigadas contra incendios para atender e avaliar aos animais feridos e minimizar o impacto dos lumes. Denuncia, ademais, que a Xunta "incumpre o acordo parlamentario aprobado por unanimidade na Comisión Interior de 2017" onde se reclamaba esta proposta.
Libera apuntou que "o Executivo autonómico segue sen pór en marcha nin un só dos puntos de traballo que reclamou o Parlamento" o que provoca "mortes evitables con protocolos claros de intervención".
çAdemais, no marco dun lume forestal, "non só se ve afectada a fauna silvestre", senón que tamén a proximidade dalgunhas chamas "chegou a incidir negativamente con explotacións gandeiras", indicou asociación.
Os animalistas suxiren "seguir os pasos de intervencións recentes como Bolivia" que "incluíron aos veterinarios nas brigadas" e propuxeron "crear bolsas de emprego" que reforcen estes equipos e mesmo "cofinanciar estas actuacións con fondos europeos de desenvolvemento rural e rexional".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.