Temas: MULLER PESCA

Euronews: As mulleres invisibles da industria pesqueira europea, as mariscadoras galegas

A canle de noticias europea afonda na realidade das mulleres galegas que traballan no mar.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/09/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A canle de noticias Euronews publica unha reportaxe dedicada ao papel que xogan as mulleres na pesca en Europa e pon como exemplo as mariscadoras galegas, ás que cualifica como "máis bravas có mar".

Mariscadoras galegas
Mariscadoras galegas | Fonte: Euronews.

"As mulleres desempeñan un papel fundamental na pesca e na acuicultura, pero a miúdo o seu traballo non está recoñecido nin profesional nin economicamente. Opcións profesionais limitadas, diferenzas salariais inxustas. Moitas teñen dificultades para abrirse camiño neste sector dominado polos homes", introduce este medio nunha reportaxe feita en Galicia para coñecer cales son as principais barreiras e retos que afrontan, especialmente na actividade do marisqueo.

Unha labor "invisible", como advirte o medio nesta reportaxe asinada por Denis Loctier co apoio de Marisa Trapero e coa colaboración da Comisión Europea.

"En Europa e en todo o mundo, moitas mulleres do sector pesqueiro seguen sendo invisibles desde o punto de vista estatístico e xurídico. As armadoras do porto de Vigo traballan á intemperie sobre un chan de formigón, cosendo redes por 6 euros a hora", exponse neste traballo xornalístico, no que se denuncia que estas mulleres "axudan ao sector pesqueiro, pero o seu traballo non conta coas garantías e beneficios dos que gozan outros empregados profesionais".

Estímase que máis de 100.000 mulleres contribúen ao sector pesqueiro da Unión Europea. E, segundo os datos dispoñibles, as mulleres representan aproximadamente o 13% dos empregados da pesca de captura, unha cuarta parte da man de obra na acuicultura e máis da metade dela no procesamento de mariscos.

Temas: MULLER PESCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 uu1

Link na variedade da nossa língua, https://pt.euronews.com/2019/09/13/...

1 anonimo

Home " invisibles", que eu saiba nunca foron e nunca o son. ¿ Alguén non sabe que no marisqueo traballan moitas mulleres? ¿ Trátase de vender eso de " facer visible" a xente que, polo visto, é, supostamente, " invisible?

1 Sentidiño

Pois si, diso se trata: de saíren do "anonimato" :-)