A Xunta impulsa un gran rexistro de frondosas de Galicia

O obxectivo é que os propietarios poidan acollerse a incentivos fiscais e subvencións para carballos, castiñeiros, ameneiros ou bidueiros.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/09/2019 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta presentou un proxecto de decreto de lei para crear un gran rexistro de frondosas de Galicia. Trátase dunha gran base de datos para coñecer a presenza nos montes do país de especies como os carballos, castiñeiros, ameneiros, bidueiros e outros e incentivar o seu cultivo a través de subvencións.

Castiñeiros de Vilardevós dunha parcela da empresa Auriensis Selectum. CEDIDA
Castiñeiros de Vilardevós dunha parcela da empresa Auriensis Selectum. CEDIDA

Para formar parte deste rexistro, os propietarios terán que garantir que teñen unha extensión de 15 hectáreas cun 75% dela plantada, como mínimo, por frondosas, e cunha idade media das árbores de 20 anos ou máis. 

O obxectivo deste novo decreto e impulsar a ordenación e xestión forestal, a través das sociedades de fomento forestal (Sofor). Entre as vantaxes que terán os propietarios están incentivos fiscais e subvencións e, entre as obrigas, a de realizar unha “xesión foresta activa” da explotación. Ademais, deberán informar cando hai cambio na xestión forestal deses montes e se plantan outro tipo de frondosas. Esta norma será remitida ao Consello Consultivo para a súa posterior aprobación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Seixando ao marxe comunidades de montes, as 15 Ha de monte é unha cifra altísima para o perfil de propietario de monte galego. Polo tanto, a medida non é para "os propietarios de frondosas", senón só para uns poucos.