As memorias dun neno da aldea

Coñezo a Manuel Iglesias Turnes desde hai corenta anos. Mantemos unha boa relación de amizade, coas inter ferencias e arredamentos impostos polo decorrer da propia vida. Sempre destacou como un home culto, comprome tido e atento á realidade.

Por Pablo Vaamonde | A Coruña | 08/05/2012

Comparte esta noticia

 Por iso foi, nos anos setenta, o primeiro presidente da Asociación Cultural Afonso Eans de Negreira, que puxemos a andar un feixe de mozos coa inquedanza de mellorar a nosa rea lidade. Logo dedicouse a diversas actividades relacionadas coa agricultura e coa modernización do agro e a gandería. Pero tivo que chegar a preto dos sesenta anos para acordarse da súa vocación de escritor. E velaquí o seu pri meiro libro.

Envioume o texto de As rapazas de Xan (Xerais, 2012) no mes de agosto do ano pasado. Fixen unha lectura demorada e dese guida tiven a certeza de que esta narración tiña que ser publicada. Porque alén dos seus méritos literarios, que os ten en abundancia, este libro é a memoria fiel, escrita por unha testemuña presencial, da vida interior dunha aldea de Galicia nos anos cincuenta do século XX. O autor era daquela un neno, pero un neno esperto, curioso e atento, que gardou na súa memoria todo o relacionado coas formas de vivir, de falar e de relacionarse das xentes daquel tempo, xa fenecido.

Neira Vilas escribiu as súas Memorias dun neno labrego dende a mesma perspectiva que fai o noso autor: dende den tro. Alonso Montero avisa no prólogo que o libro é «a autobiografía infantil dun rapaz labrego probe e que vive nun marco de moi póucos horizontes.» Houbo outras achegas ao mundo rural galego. Reimóndez Pórtela publicou Un médico na aldea, no que recolle un feixe de relatos sobre as súas peri pecias como médico nas terras da Estrada durante décadas. Mariño Ferro publicou Autobiografía dun labrego, que vén ser, como di o autor, un estudo novelado de antropoloxía, no que, mediante o artificio dun relato vai describindo os costumés do mundo rural galego sobre o noivado, o sexo, o casamento, a morte, as aparicións etc.
 
De seguro que hai moitas obras de narrativa que abordan a vida na aldea e que eu non coñezo. Pero teño por certo que hai poucas que teñan a condición deste texto: a autenticidade. Porque neste caso non se trata da ollada do visitante asombrado polas rarezas dos nativos, nin do profesional que realiza o seu labor na aldea e volve ao seu, nin da perspectiva etnográfica que observa os comportamentos humanos como faría un entomólogo. Neste caso, o mesmo que Balbino, hai un neno cos ollos ben abertos que está a ollar o que pasa darredor, o que fan os seus maiores, e grava na memoria todo canto ve. Neste caso non hai documentación bibliográfica nin falta que fai, porque o autor estaba alí. Está a falar dos seus: dos seus pais, dos seus avós, dos veciños. Non conta a súa historia persoal senón a dos seus maiores. Trátase dunha obra de ficción e o que relata é froito da imaxinación do autor. Pero tamén é texto autobiográfico porque o que conta é verdade aínda que sexa imaxinado.
 
Estou vendo aquel neno de ollos grandes, agochado nun curruncho, escoitando as conversas, aprendendo os cantares (nas ruadas, nas romarías, no entroido), correndo polas eiras no tempo da malla, axudando aos maio res cando chegaba o tempo dos traballos duros. Esa aprendizaxe, esa experiencia está aquí, neste texto, recollida con fidelidade e afecto. Non cae o autor nunha visión bucólica da vida rural, nin na ensoñación nostálxica dun pasado feliz; pola contra, nesta novela hai envexas, murmuracións e abu sos. Tamén hai vida en común, axuda mutua, festas e picar días, a busca dun futuro mellor e unha mocidade ilusionada que soña co amor e a paixón nun mundo sen miserias.
 
O contorno xeográfico onde se desenvolve o relato é recoñecible, polas descricións da paisaxe e pola toponimia: Cabanelas, Serramos, Rebordáns... Recordan os nomes dalgunhas aldeas do Val de Barcala onde o autor pasou a súa infancia. A acción desenvólvese nos primeiros anos da pos guerra, nunha parroquia atenazada pola miseria e pola falta de horizonte para os seus habitantes máis novos, que contem plan, como saída máis favorable para o seu futuro, a emigra ción a Montevideo.
 
Trátase dunha novela coral, na que hai dous personaxes principáis, Carmela e Manuel, e darredor deles outros moitos que participan en diversas tramas que van describindo o complexo tecido de relacións que compoñen a vida dunha aldea, unha vida marcada pola pobreza, pola forte presenza da Igrexa que exerce unha notable influencia na vida cotiá, e pola ausencia de futuro na propia terra. Case todos os mozos soñan un futuro ao outro lado do Atlántico.
Hai un descoñecemento moi grande, nas novas xeracións, sobre a vida dos seus pais e dos seus avós. Sempre é saudable saber da nosa orixe. Por iso eu non dubidaría en reco mendar este texto para os alumnos de Secundaria. Moitos habíanse sorprender ao saber que os seus pais e os seus avós tiveron vidas semellantes ás que aquí se relatan. pablovaamonde.blogspot.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.